As clases do profe Brais sempre teñen moito éxito, xa que traballa a psicomotricidade a través de xogos grupais, nos que ás veces compiten e outras xogan todos con un mesmo obxectivo.
A verdade é que disfrutan moito con estas actividades motrices de maneira lúdica.
Outras veces o profe Brais prepáralles circuitos nos que teñen que superar diversas probas, esto motívaos moito xa que se adapta o circuito á capacidade motriz de cada un e sempre poden intentar chegar un pouco máis alá se se ven preparados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario