Páxinas

luns

PATAPATÚN

Imos ao teatro a ver unha obra realmente interesante non só para os nenos e nenas senon tamén para os adultos.


Reflexionamos do que é realmente importante...


Aquí tedes un pequeno anaco de “PATAPATÚN” da compañía Elefante Elegante



VISITA AO SUPERMERCADO EROSKI

Despois de todo o traballo feito ata agora, facemos unha visita a un supermercado, Eroski, e vemos as diferentes sección que alí hai: froitería, verdulería, peixería, carnicería ....

Xogamos, tocamos, observamos e sobre todo aprendemos disfrutando!!!!


DÍA DA MULLER

Co fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero, cada 8 de marzo celébrase o “Día internacional da muller” pero...


por qué este día en concreto? 

En marzo do 1908, un grupo de obreiras textiles de Nueva York decidiron sair á rúa a protestar polas malas condicións de traballo. Entre outras peticións demandaban a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un periodo de tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Aos poucos días, un incendio nunha fábrica de camisas fixo que máis dun centenar de mulleres perderán a vida, moitas inmigrantes. O seu impacto foi tal que EEUU fixo cambios lexislativos na súa memoria.

A pesar de que o papel da muller na sociedade evolucionou co paso dos anos, ainda falta moito camiño por percorrer, por ese motivo facemos o noso pequeno homenaxe ás mulleres que mais nos coidar e que máis fan por nós...


GRAZAS NAIS!!!! Porque dentro de cada unha de vos ahí una MEGA POWER!!!!!



NICOLÁS VA DE COMPRAS

Comprar e vender é un xogo que os nenos e nenas o fan dun xeito simbólico, para iso só necesitan productos, unha caixa registradora e algo de cartos. Se a todo isto sumamos o uso infromático do iPad aínda vólvese unha actividade máis motivadora

Pois esto é o que se nos propuso dende o equipo de Biblioteca e equipo TIC.
Tras ler o conto “Nicolás va de compras” pensamos nas diferentes seccións que atopamos no supermercado e reflexionamos a cerca dos productos que alí hai e onde os situamos na pirámide de alimentación. Posteriormente coa aplicación “STOREST” xogamos ás compras, pero non só iso, senon que tamén utilizamos os euros para pagar a nosa compra.


Este foi o noso traballo


CONTAMOS CON “CRAS”

Os cartos son unha parte importante da nosa sociedade, por iso nunca é demasiado pronto para ensinar aos nenos e nenas o seu valor e a importancia do aforro, deste xeito poderá facer un uso responsable do mesmo a medida que crezan. 

Dende a nosa aula e mediante o manejo dos nosos cartos, os “CRAS”, traballaremos o manexo responsable e o aforro, co fin de facelos responsables da sua importancia e esforzo para conseguilos.

Ademáis nos axudarán a traballar conceptos matemáticos de xeito significativo.


Aquí vos deixamos todo o traballo que fixemos para poñelos en marcha.







NOÉ, NOEMÍ, NOEMILIA, SIETE ANIMALES Y SU FAMILIA

A educación musical é necesaria integrala como parte da formación global dos nenos e nenas dada a súa excelente contribución á educación intelectual, corporal e emocional.

Zoltán Kodály sinala que o son e a música son innatos ás persoas e preséntanse nos primeiros meses de vida.

Mediante a música podemos comunicarnos e expresarnos, polo tanto é fundamental para o desenvolvemento integral das capacidades porque o seu principal obxectivo é o desenvolvemento integral do alumnado.

Así, tivemos o priviléxio de ver a orquesta sinfónica coa obra “NOÉ, NOEMÍ, NOEMILIA, SIETE ANIMALES Y SU FAMILIA”



ROSALÍA

Co aniversario do nacemento de Rosalía De Castro e coa proposta do equipo de Normalización fixemos esta actividade tan bonita!! 

Porque é preciso recordar os nosos antepasados, e aínda máis se falamos de ROSALÍA


#abrideafiestra


VISITA BRÚJULA

Por fin volvemos a ter noticias de Isla Fantasía!!! Unha nova carta chegou á nosa escola.

Pero esta non iba a ser a única sorpresa da semana, senon que aínda estaba por chegar a visita de BRÚJULA!!! 




MÁIS EXPERIMENTOS CON IVÁN

CÓMO PODEMOS LANZAR UN OVO DESDE UN METRO SEN QUE ROMPA?


Co todo o que sabemos, agora temos que pensar como lanzar un ovo SEN que rompa desde un metro. 


Se non o creedes aquí tedes a proba de que realmente non rompeu!


7º EXPERIMENTO CON IVÁN

Cómo separar a xema da clara do ovo 
coa axuda dunha botella?


Ainda que non o vexamos, dentro dunha botella de plástico hai aire, deste xeito ao exercer unha presión na botella coa tapa quitada este sae, e ao deixar de exercer a presión volve a entrar. Así, se no momento de soltar a botella a acercamos a unha xema de ovo, esta se virá atraída polo efecto de succión que exerce.



6º EXPERIMENTOS CON IVÁN

CANTA PRESIÓN É CAPAZ DE SOPORTAR UN OVO?

Agora xa a sabemos por que a galiña está tranquila cando se tumba encima dos ovos. Esto débese a que, a forma do ovo (de arco en bóveda pechada) está protexendo o seu interior ao distribuir a presión que se exerce por todo o ovo. O ovo convértese así, gracias ao seu diseño curvo, nunca estructura bastante resistente.




5 º EXPERIMENTO CON IVÁN

Experimentamos con ovos!!!

Esta vez o profe Iván trouxo un ovo, e analizamos as súas partes: xema e clara.
Ademáis experimentamos o que sucede se o sumerximos en auga: vese máis grande, afúndese...
E por último pensamos como podemos facer para que o ovo flote, qué lle podemos votar a auga, sal? zucre?, fariña?



Aquí tedes o vídeo!!!!!





MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...