Como xa se ven facendo dende hai un par de anos, os amigos e amigas das outras escolas do CRA veñen a visitar a PEPATECA, neste caso xuntámonos as escolas de Vinseira, Ledoño e Choeira 2. A experiencia foi marabillosa, ao longo da xornada vimos un conto no KAMISHIBAI, fixemos obradoiros de cociña, arte e habilidade, collimos dous fondos da PEPATECA e recibimos a visita de unha mamá-enfermeira que nos explicou como se alimentan os bebés.
Todos sabemos que os nenos e nenas son os máis vulnerables á hora de sufrir algún tipo de accidente, pero os adultos tamén podemos sufrilos en estos casos son eles que deben de saber o protocolo a seguir.
Que mellor para ensinarnos o que facer que os propios especialistas, por iso recibimos a visita de personal sanitario. Explicáronnos qué facer si temos un accidente tanto en casa como na clase, a quén debemos chamar? Ao 112. Por iso debemos saber dar os nosos datos: onde estamos (cál é a Nosa escola os a dirección da Nosa casa), cal é o número de teléfono dalgún dos nosos familiares (papi o nai).
O día 23 de Abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Para elo todos os nenos e nenas co noso cole nos xuntamos na Choeira. Unha nova ocasión para compartir momentos todos e todas xuntas. Contamos coa colaboración da Dragona Ramona para contarnos un conto de alimentos dun xeito moi especial. Depósitos fixemos obradoiros onde elaboramos 5 obradoiros: marcapáxinas food art, cociñamos con palabras, alimentarte efímero, alimentación dixital e escapismo sabroso. A través dos libros os nenos e nenas reciben unha herencia cultural, gistórica, científica, literaria... e a través das obras impresas as nenas e nenos poden VIAXAN a outros mundos e lugares, transportarse ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas coas diferentes personaxes.
Cultivar o amor polos libros é o mellor agasallo que podemos facerlles.
Coa chegada da primavera e a calor sementamos na Choeira pementos, chícharos, tomates e leitugas. Agora toca esperar a ver se prenden e antes de que remate o curso poder recolectar algunha cousa.