domingo
DISEÑADORES DE MODA
Seguindo co proxecto D´Xastres esta semana coñecimos a dous importantes referentes da moda: Coco Chanel e Cristobal Balenciaga a través da colección pequeña & GRANDE da editorial Alba.
Imaxinación, creatividade, relación, pensamento, disfrute... e moito papel de periódico foron a base dos nosos deseños.
OBRADOIRO DE BARRO
Esta semana comezamos a explorar un novo material con innumerables beneficios. A través de este elemento as nenas e nenos experimentan, curiosean, exploran, crean e imaxinan.
Seguiremos experimentando con el en novas propostas, permitindo que, sexan autores de signos, de personaxes e obxectos que representen o seu pensamento.
8 DE MARZO
O cambio comeza no día a día, no respecto e na educación, palabras bonitas que nos axuden a crecer sanos e en igualdade de oportunidades. A proposta partiu do conto "La coleccionista de palabras", unha historia doce e máxica sobre a beleza das palabras. Luna, a protagonista, compartirá o seu amor polas letras e fará do mundo un lugar mellor no que vivir.
Grazas familias, nenas, nenos e profes por participar na instalación! 💜
Grazas familias, nenas, nenos e profes por participar na instalación! 💜
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
COMO TODOS OS CURSOS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ELABORA UNHA REVISTA RESUMO DAS ACTIVIDADES DESENV OLVIDAS AO LONGO DO CURSO....
-
Seguimos co proxecto a voltas... Estamos traballando sobre: *MEDRAMOS. As medras son o signo de crecemento e non só nos referimos a nivel fí...
-
O pasado venres celebramos o Magosto na Torre de Celas cas nosas amigas e amigos das escolas do CRA. Disfrutamos moito xogando a varios xogo...