Páxinas

domingo

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 O pasado 23 de abril conmemorouse o Día Internacional do Libro. 

Seguindo a temática do noso PDI elaboramos uns fermosos marcapáxinas de tea. Ademais durante esa semana varias familias visitaronos no momento do conto para lernos un.

Moitas grazas a todas!


















venres

MEISEL 93

Gran xornada a do mércores, disfrutamos da exposición de Meisel e revivimos a música de principios dos anos 90 nunha festa no plató de SILOS onde poidemos traballar a fotografía en movemento, a performance e a expresión corporal a través da luz. 


martes

BENVIDA PRIMAVERA

Antes das vacacións demos a benvida a nova estación cunha serie de propostas. 

*Comezamos vendo unha curtometraxe do artista botánico xaponés Azuma Makoto "Story of Flowers" que nos permitiu coñecer as ideas previas que teñen sobre as flores. Representamos o observado sobre fondo negro e con xiz mollada.



* Experimentamos e observamos a importancia da luz e a auga para a vida das plantas: xerminamos sementes.






*Levamos a cabo un obradoiro de arte "Campo de flores" de Hervé Tullet cos nosos compis de Choeira I. Ofrecimos a cada neno/a un vasiño de pintura e debían seguir as instruccións ao son dunha música relaxante (fai un putiño, rodea un puntiño, fai puntos sobre o punto grande, deixa caer o pincel...). Despois de cada instucción debían cambiar de sitio... 






* Fixemos unha saída a contorna para observar a chegada da primavera. Comezamos escoitando o conto "Aínda nada" e seguimos buscando tesouros que nos regala a natureza.







*Comezamos a elaborar un libriño coas flores da contorna: observamos as súas partes, coñecemos o seu nome e curiosidades delas, traballamos a gama cromática, empregamos a prensa de flores, ulimos, representamos... Este libriño elaborarémolo ao longo do trimestre polo que podedes aportar flores que atopedes nos vosos paseos.





.



MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...