Páxinas

xoves

PLANTAMOS

Este ano plantamos na nosa horta patacas, cebolas, coles, leitugas,  e sementamos cenorias. Tamén na xardineira do patio plantamos flores e na aula petunias en recipientes de iogur. Esperamos que nos medren moito. Temos que coidalas !!

 

martes

SAÍDA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

No Castelo de San Antón de A Coruña visitamos distintas partes: o patio de armas, a casa do Gobernador, unhas salas con exposicións de restos arqueolóxicos e pezas de orfebrería,os  xardíns,...e o alxibe que foi un dos sitios que máis nos gustou.



25 DE NOVEMBRO

A semana pasada estivemos inmersos no 25 N: Que sentimos cando nos fan daño? Que é o amor? A que recenden as mulleres das nosas vidas? Que e...