O pasado mércores 22 de Xaneiro recibimos a visita de Sheila, a nai de Carmela, para falarnos das constelacións.
Explicounos qué son, e contounos unha das historias que xira en torno ás estrelas e ás súas formacións.
Coa mesa de luz que nos deixaron uns días Carmen e Antón López, puidemos ver as constelacións de Escorpio, Tauro... Pero tamén cun observatorio que Carmela e Sheila fixeron na súa casa.
Así, cada un fixo o seu propio observatorio cua constelación elixida por eles mesmos que levaron para casa, e poder explicar ás súas familias todo o aprendido.
Grazas Sheila por compartir con nós esta xornada e sobre todo mostrarnos as marabillas que podemos observar mirando ao ceo.