O MARTES DÍA 10 CELEBRAMOS O MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. LEVAMOS CESTAS QUE FIXEMOS NA ESCOLA E PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO A RAÍA, AO TROMPO, AS CARREIRAS DE CASTAÑAS NA CULLER, AS CONSTRUCCIÓNS CON CAROZOS E A ENCESTAR A CASTAÑA. AO FINALIZAR OS XOGOS MERENDAMOS CASTAÑAS ASADAS. DIVERTÍMONOS MOITO!!
BIBLIOTECA DE AULA
O PROFE IVÁN E A PROFE MABEL EXPLICÁRONNOS O FUNCIONAMENTO DA NOSA NOVA BIBLIOTECA DE AULA. DIXÉRONNOS QUE HABRÁ DOUS GUARDIÁNS QUE VIXIARÁN QUE TODO ESTE COLOCADO NO SEU SITIO. TAMÉN TEMOS UNHAS MOCHILAS NOVAS DE COR LARANXA PARA LEVAR OS LIBROS E PELIS A CASA. GÚSTANOS MOITO A NOSA NOVA BIBLIOTECA DE AULA !
NO SAMAÍN
BALEIRAMOS E DECORAMOS CABAZAS
FIXEMOS PANTASMAS E
MORCEGOS
luns
TRES FANTASMITAS
VIÑERON A VISITARNOS Á ESCOLA TRES PANTASMAS QUE AO PRINCIPIO ASUSTÁRONNOS UN POUCO PERO DESPOIS CONTÁRONNOS QUE ESTABAN ARREPENTIDOS E QUE NON LLE DIXÉSEMOS NADA AOS SEUS PAIS. ANTES DE MARCHAR REGALARONNOS UN OLLO E UNHA CABAZA DE CHOCOLATE !
mércores
A MALETA DE PEPA
Un día cando chegamos pola mañá á escola atopamos unha maleta con moitas cores.Dentro dela descubrimos unha carta da avioneta Pepa, unhas tarxetas postais e dous mapas: un de Galicia e outro de España.Na carta contaba que quería visitar moitos sitios de Galicia e que nos iría informando das súas viaxes.
martes
OUTONO NA ESCOLA
CURSO 2015 - 2016
ESTE CURSO CHEGARON NOV@S COMPAÑEIR@S: LARA, CRISTIAN, NICO, MARTIÑO E MATEO PEREIRA. BENVID@S !
mércores
DÍA DO LIBRO
Na semana que conmemoramos o Día do Libro a avioneta Pepa deixounos un paquete colgado do teito que ata o xoves día 23 non podiamos abrir. Ao chegar ese día abrímolo e alí estaba o conto " A princesa que bocexaba a todas horas".
Celebramos o Día do Libro todas as escolas na Choeira. Visitounos a Dragona Ramona e realizamos talleres. Por último merendamos todos xuntos.
Pasámolo xenial!
OUTRA PROBA PARA CRABELA
A PRINCESA CRABELA MANDOUNOS UNHA CARTA NA QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR COA AXUDA DOS NOSOS PAIS COMO ERA O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO E O FIXEMOS MOI BEN.
DESPOIS DE INVESTIGAR SOBRE O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO TAMÉN NA NOSA CLASE ESCOLLIMOS UN ESCUDO ENTRE TODOS E QUEDOUNOS MOI BONITO.
martes
UNHA EXPERIENCIA DE PRESIÓNS
Esta experiencia consistía en levantar un vaso sen tocalo utilizando tres obxectos: un globo, unha candea e aceite. O profe Iván explicounos que primeiro tiñamos que quentar o vaso e colocar o globo sobre este e despois metelo en auga. Con esto producese un cambio de presión dentro do vaso o que fai que succione o globo. Encantounos!
EXPERIENCIAS CON GLOBOS
Para este experimento plantexounos o profe Iván tres preguntas. Si era posible inflar un globo sen soplar, poñer lume debaixo dun globo sen que rebentase e pinchar un globo sen que estoupe. Descubrimos que todas estas hipóteses podianse facer si utilizamos a axuda de bicarbonato e vinagre no primeiro caso, auga no segundo e aceite no terceiro. Canto aprendemos!
xoves
PLANTAMOS
Este ano plantamos na nosa horta patacas, cebolas, coles, leitugas, e sementamos cenorias. Tamén na xardineira do patio plantamos flores e na aula petunias en recipientes de iogur. Esperamos que nos medren moito. Temos que coidalas !!
martes
SAÍDA AO CASTELO DE SAN ANTÓN
No Castelo de San Antón de A Coruña visitamos distintas partes: o patio de armas, a casa do Gobernador, unhas salas con exposicións de restos arqueolóxicos e pezas de orfebrería,os xardíns,...e o alxibe que foi un dos sitios que máis nos gustou.
xoves
TITIRITESA
Viñeron a nosa escola dúas princesas! Eran Mabel e Bea! Contaronnos o conto de "Titiritesa" que trataba tamén de princesas.
Esperamos pronto a vosa visita con outro CONTICRA.
UNHA MENSAXE SECRETA
Este experimento deixounos abraiados porque empezamos facendo zume de limón e co zume escribimos o noso nome que despois descubrimos que se podía ler! Para rematar bebimos o zume que nos sobrou e chegamos a seguinte conclusión: o zume de limón é un ácido que o secar o papel quédase nel. Se poñemos o papel preto do lume quedan residuos de carbón e por iso podemos ver a mensaxe. Maxia!!
EL LAGO DE LOS CISNES
O día 26 de febreiro estivemos vendo o ballet "El lago de los cisnes" e disfrutamos da música en vivo da Orquesta Sinfónica de Galicia, onde estaba Manuel.
Gustounos moito!
luns
AS PARTES DO CASTELO
Estamos a traballar as partes do castelo e outras edificacións medievais como parte de outra das probas que temos que superar para Crabela. Expuxemos os nosos traballos e trouxemos castelos feitos de casa chulísimos!
xoves
DÚAS EXPERIENCIAS DE MESTURAS
O profe Iván chegou a clase ca súa caixa de experimentos. O primeiro consistiu en botar colorantes de tres cores na leite, e vimos que as cores non se mesturan debido a graxa que contén a leite. No segundo experimento que fixemos en grupos, botamos lavavaixelas no prato co leite e os colorantes e descubrimos que as cores mesturábanse e a graxa desaparecía. Por último puxémoslle nome as nosas composicións. Cantas cousas aprendemos!
luns
FESTIVAL DE ENTROIDO
O día 13 de febreiro celebramos o festival do Entroido no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo. Xogamos a encestar aros en paus, á diana, ás construccións con carozos, ao bingo medieval e a un torneo medieval. Despois bailamos unha danza medieval e degustamos postres típicos desta data.
Pasámolo moi ben !!!
mércores
DISFRACES
AQUI ESTAMOS A TRABALLAR NOS NOSOS TRAXES DE CABALEIROS E DAMAS. XA VEREDES QUE CHULIS NOS QUEDAN !
ACOPROS
Un membro de ACOPROS ( Asociación Coruñesa de promoción del sordo) visitounos o día 4 de febreiro para contarnos o conto: "Oliver y sus audífonos", no que nos relata a historia do elefante Oliver que necesita usar un audífono para mellorar a súa comprensión auditiva. Ademais de xogar a adiviñar sons tamén probamos un audífono.
Foi moi didáctico !
ACOPROSonPhotoPeach
luns
A TROMPA
Estivo na nosa escola Manuel ,o pai de Laura, que é músico e toca a trompa na Orquesta Sinfónica de Galicia. Xunto con Masako, a nai de Laura, explicounos de forma amena e divertida a evolución da trompa. Ensinounos e puidemos tocar este instrumento así como tamén un corno de touro e unha trompa alpina.
Pareceunos unha experiencia moi interesante !
DÍA DA PAZ
O DÍA 30 DE XANEIRO PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ, CONSTRUIMOS UNHA MURALLA DA PAZ DO NOSO CRA. CADA ESCOLA CONTRIBUIU CON UNHA POMBA DEBUXADA POR PICASSO E AS LETRAS DA ' PAZ'. TAMÉN CANTAMOS A CANCIÓN "LA MURALLA" E FIXEMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.