Páxinas

domingo

SIMETRÍAS

PARA UNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS NO TRABALLO POR RECANTOS, INTEGRAMOS CONCEPTOS MATEMÁTICOS DUN XEITO LÚDICO E DIVERTIDO, E DESCUBRIMOS AS SIMETRÍAS CON ESPELLOS E REGRETAS.









ANIVERSARIO DE ÁFRICA

 CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ÁFRICA QUE CUMPRE 6 ANOS!!!!

PARABÉNS ÁFRICA!!!!



SABELA NA INDIA

DESPOIS DUNHA LONGA VIAXE SABELA CHEGA A CHENNAI, NA INDIA.

ALÍ ATOPOU UN MONTÓN DE VACAS CEIBES POLA VEIRARÚA, XA QUE ALÍ SON CONSIDERADAS ANIMAIS SAGRADOS. ADEMÁIS COÑECEU A INDIRA NUN CENTRO DE MEDITACIÓN E RECOMENDOULLE QUE FOSE VISITAR OS XARDÍNS DO TAJ MAHAL ONDE ESTÁ A YOGUINI MIRA QUE ESTÁ A PREPARAR A FESTA DAS CORES ONDE SE CELEBRA A CHEGADA DA PRIMAVEIRA. PARA IR Á FESTA, SABELA LEVARÁ UN VESTIDO BRANCO PARA PINTAR AS CORES DA BANDEIRA DA INDIA E NOS ENVIOU UNHA CAIXA PARA QUE DESCUBRAMOS COMO FACER CORES CON ALIMENTOS.





SE QUEREDES SABER MÁIS PREMEDE AQUÍ




xoves

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

"O DÍA DE ROSALÍA ... UNHA FLOR E UNHA POESÍA"

O 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA E PARA RECORDAR O IMPORTANTE QUE FOI PARA A NOSA CULTURA FIXEMOS UNHAS POSTAIS ELABORANDO FLORES DE PAPEL E UNHA POESÍA QUE ELIXIMOS DÍAS ANTERIORES NA AULA.

ADEMÁIS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, FIXO UN VIDEO ONDE NOS EXPLICABA A VIDA E AQUELES ASPECTOS RELEVANTES QUE A FIXERON SER PARA SEMPRE A POETA GALEGA MÁIS RELEVANTE E TAMÉN ONDE APARECEN RECITADOS OS POEMAS ELIXIDOS POR TODAS AS NOSA ESCOLAS.


















sábado

SABELA EN KENIA

RECIBIMOS NOTICIAS DE SABELA DESDE KENIA E NOS FELICITOU POLO BEN QUE BAILAMOS O ZIMBOLÉ E O BEN QUE DIXEMOS "ONDE ESTÁ O NOSO TESOURO?" EN SUAJILI PARA PODER PREGUNTARLLE A MUMBI.


ENVIOUNOS UNHA POSTAL DUN SAFARI QUE FIXO E QUE NOS GUSTOU MOITO


E TAMÉN ENVIOUNOS UN VIDEO ONDE NOS EXPLICABA QUE COMO NON ENTENDÍA A RESPOSTA DE MUMBI, PREGUNTOULLE A UNS PESCADORES QUE LLE TRADUCIRON A RESPOSTA E DESCUBRIU QUE O TESOURO XA NON ESTABA EN KENIA SENON QUE SE FORA Á INDIA. ASÍ QUE NOVAMENTE SUBIU A BORDO DO SEU BARCO RUMBO A ESTA NOVA AVENTURA.


SE QUEREDES SABER E VER MÁIS DESTA AVENTURA PREMEDE AQUÍ






venres

RECANTOS ARTÍSTICOS

UN DOS RECANTOS DA SEMANA PASADA FOI A REALIZACIÓN DE OBRAS ARTÍSTICAS, E ESTES FORON ALGÚNS DOS RESULTADOS.

RAPACES E RAPAZAS, SODES UNS ARTISTAS!!!!

 


















DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O PASADO 11 DE FEBREIRO COLEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

COA AXUDA DOS ESCORNABOTS COÑECEMOS A 11 MULLERES PIONEIRAS EN DIFERENTES ÁMBITOS CIENTÍFICOS.





sábado

ENTROIDO

ESTE CURSO CELEBRAMOS O ENTROIDO DUN XEITO DIFERENTE PERO NON POR ISO MENOS DIVERTIDO!!!!

AO LONGO DA SEMANA FIXEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES:

MÁSCARAS COA AXUDA DE DANI, O PAI DE LEO




GRAZAS POLA AXUDA DANI! QUEDARON XENIAL!

SEGUIMOS OS MANDADOS DO MANDACRÁ





XOGAMOS CON MÁSCARAS DE REALIZADA AUMENTADA



MERENDAMOS POSTRES TÍPICOS DE ENTROIDO





AMASAMOS PLASTILINA CASEIRA





DISFRAZÁMOSNOS


E BAILAMOS


BAILAMOS MOITO!!!!


PERO SOBRE TODO... PASÁMOLO XENIAL!!!!!












venres

ANIVERSARIO LUCAS E PABLO

 CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE LUCAS E PABLO QUE CUMPREN 5 ANOS!!!!

PARABÉNS PABLO!      PARABÉN LUCAS!






domingo

FORMAS XEOMÉTRICAS

ESTA SEMANA TRABALLAMOS AS FIGURAS XEOMÉTRICAS CON ESCARVADENTES E PLASTILINA. 

CONTAMOS O NÚMERO DE BOLIÑAS E DE ESCARVCADENTES QUE NECESITABAMOS E CONSTRUIMOS AS FIGURAS.





sábado

SABELA CHEGA A MOMBASA

SABELA XA CHEGOU AO PORTO DE MOMBASA E DESPOIS DE PREGUNTAR Á XENTE DE ALÍ SE ALGUÉN SABÍA DO TESOURO QUE ESTAMOS A BUSCAR, DIXÉRONLLE QUE FOSE FALAR CUNHA MESTRA CHAMADA MUMBI E QUE É A MULLER MAIS SABIA DA CONTORNA, PERO COMO SÓ FALA SUAJILI TIVEMOS QUE TRADUCIR NUN DICCIONARIO INTERACTIVO "ONDE ESTÁ O NOSO TESOURO?".

SABELA TAMÉN NOS ENVIOU UN PAQUETE PARA CONFECCIONAR COLARES COMO OS QUE TEÑEN NO POBOADO MIJIQUENDA, E UNHA VEZ FEITOS BAILAMOS O ZIMBOLÉ QUE LLE ENVIAREMOS A SABELA PARA SEGUIR NA BÚSQUEDA DO TESORUO.






ADEMÁIS SABELA CONTOUNOS A HISTORIA DE WANGARI MAATHAI.
SE QUEREDES ESCOITALA E VER MÁIS PREMEDE AQUÍ


COMEZA A CONTA ATRÁS