Páxinas

xoves

Rescate no xeo

Este martes a profe Rosa preparounos unha actividade que nos chamou a atención en canto chegamos ao cole. 
Neste caso tiñamos que salvar aos animais do xeo servíndonos de auga morna e sal. 
Rápidamente puxémonos mans á obra e a misión foi completada con éxito. 


Recantos

Aquí tedes outra mostra das actividades que fan cando acuden libremente aos recantos:


Nova rutina do encargado

Cada día, despois de facer todas as tarefas de encargado, temos que escribir o noso nome, debuxar o que queiramos e escribir a súa palabra, respectando o nivel lecto-escritor de cada un e unha, eso sempre. 


Slumblox

Utilizamos os números de madeira tanto para facer a torre máis alta: 



Coma para crear unha muralla que sexa da mesma altura. Neste caso estamos traballando a adición, xa que todas as combinacións suman o número 10.



Creamos e representamos

Nesta actividade crean libremente unha figura coas pezas e despois, utilizando as mesmas cores, a representan gráficamente no papel. 


Resaque ovalado

Durante estas semanas seguimos traballando cos resaques metálicos, preparando a man, o agarre e os seus movementos necesarios para a futura escritura.




Emocións en Inglés

Estes días coa profe Adriana estamos aprendendo vocabulario sobre as emocións en inglés. Gustánnos moito as cancións, os xogos na pantalla e pasámolo xenial nos xogos que nos propón.


Xogo libre nos recantos nas últimas semanas

Aquí vos deixo unha pequena selección de xogo libre nos recantos.






Guirnalda do inverno

Aproveitando todas as obras que facemos de maneira libre con cores frías no noso recanto de arte, a profe Rosa preparounos estes banderíns para facer unha pequena paisaxe de inverno. Engadimos a neve e as árbores con grafismos e quedáronnos preciosas!







MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...