Páxinas

luns

1ª CARTA DESDE ILLA FANTASÍA

Na Nosa aula apareceu unha carta que viña desde ILLA FANTASÍA.

A carta estaba escrita por YOU YOU TU a neta de BRÚJULA, unha bruxa de orixe chinesa que vive en ILLA fantasía

Nela atopamos un mapa de coordenadas e unha rosa dos ventos...
Para qué será?



ILLA FANTASÍA

CHEGAN AS PRIMEIRAS NOTÍCIAS DESDE ILLA FANTASÍA


O TEU LIBRO FAVORITO

Cal é o teu libro favorito?

Pois esta é a pergunta que nos fixo o profe Iván... Qué difícil!!!! 

Renovamos a entrada do cole, e quedou xenial!!

A importancia de ser parte da decoración do noso cole e fundamental para que os nenos e as nenas se sintan parte importante da escola


Un libro é meu amigo e así pode estar sempre conmigo



GRUPOS DE ALIMENTOS

A alimentación influe dun xeito decisivo no proceso de desenvolvemento dos nenos e nenas.

A importancia dunha alimentación sana e equilibrada está xustificada tanto dende o punto de vista da saúde como desde a prevención de enfermidades.

Por iso coñecemos grupos de alimentos e hábitos coa acuda dos “mundos de zamba”

Verde: FRUTAS, VERDURAS E HORTALIZAS
Amarelo: HIDRATOS DE CARBONO
Laranxa: LÁCTEOS
Vermello: PROTEÍNAS
Rosa: AZÚCARES E GRAXAS







RUTAS DE VOO

A xeografía fainos entender a riqueza cultural, gastronómica e medioambiental do planeta.
Así mesmo traballaremos as nocións espaciais a través do mapa dun xeito ameno, lúdico, activo y participativo, con experiencias enriquecedoras vividas por eles mesmos en continuo contacto coa realidad que nos rodea

Coñecemos os 5 continentes: ASIA, AFRICA, AMERICA, EUROPA, OCEANIA e localizamos os lugares  que  queren viaxar no mapa co fin de coñecer onde están.

Trazamos as rutas de voo e nos damos conta de que non visitamos todos os continentes... 
nos axudades a trazar algunha ruta mais?







PANEL DAS LETRAS

Coñecemos as letras do abecedario

Realizamos un panel que daranos  moito xogo para traballar a lectoescritura

A lectoescritura refírese ao período no que os nenos e nenas entre 4 e 6 anos de idade acceden a leer e escribir.

Non todos os nenos e nenas aprenden nin ao mesmo momento nin do mesmo xeito, xa que depende de factores madurativos, físicos, lingüísticos, sociais, emocionáis, pedagóxicos e intelectuais.


Por ese motivo utilizaremos un método ecléctico de aprendizaxe usando os mellores elementos de diversos métodos.









SÚPER ENCARGADOS!! VUELA VUELA

Este curso imos a facer unha viaxe moi especial... Pero como todos non cabemos na avioneta Pepa, cada un de nós iremos nun avionciño dos Súper Wings...


Nós seremos os 
SÚPER ENCARGADOS!!!!!!

Onde queres viaxar?
MATIAS: a Mallorca
CRISTIAN: a Cádiz... y a Rusia
SAÚL: a Mallorca
MIGUEL: a Tenerife
CRISTIAN: a Madrid
MIGUEL: a Barcelona
NICO: a Mallorca
LARA: a Canarias
NICO: a la casa de Papá Noel
CRISTIAN: donde están los pingüinos
CRISTINA: a Lugo
MIGUEL:a Isla Fantasía
CARMEN: a casa de mamá
LARA: a casa de los romanos
MIGUEL: eso que es... Romanía?
ANTÓN: a casa de mamá
GABRIELA: a islafantasía con los aviones
NICO: a Japón
LARA: a Latino... es un idioma...
CRISTINA:a Cambre
CRISTIAN: a Capoeira... quiero ir a Brasil
NICO: a la selva
MIGUEL: a Argentina
CRISTINA; a Brasil
NICO: al polo norte
LARA: donde están los reyes magos
CRISTIAN: a la casa de los abuelos en Santa Comba
CRISTIAN: a Portugal
MIGUEL: a América
CRISTIAN: a California
LARA: a América del sur y América del Polo Norte.





GRAFOMOTRICIDADE AREA

Escribimos e creamos con area

Traballamos a grafomotricidade e a lectoescritura dun xeito sinxelo  e atrainte para os nenos e nenas. As reproducimos dun xeito sensorial.

Grafomotricidade é o término referido ao movemento gráfico realizado coa man ao escribir e a través desta potenciarase o desenvolvemento piscomotor dos nenos e nenas.

A area é un material sensorial moi atrainte para eles que lles  permitirá interiorizar o trazo de letras dun xeito  entretenido e relaxado.



PANEL DOS NÚMEROS

Facemos un panel que serviranos para coñecer e traballar cos números o longo do curso.

O obxectivo principal é traballar os números mediante unha proposta educativa basada no método ABN.

O método ABN e un método natural que ten en conta a forma intuitiva e espontánea do procesamiento cerebral das matemáticas e a súa vez trata o número como unha naturaleza aberta  e flexible. Pretendemos deixar atrás a memorización sen comprensión e basearnos nas experiencias do alumando creando ambientes que propicien a súa curiosidade e lles motive a resolver as actividades.


PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN

Unha correcta nutrición na etapa infantil é fundamental para establecer hábitos alimentarios que posteriormente serán difíciles de cambiar e combatir así contra enfermidades que poden aparecer na etapa adulta.


Clasificamos cores e descubrimos a PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN

E

XOGOS DE MEMORIA

É importante taballar a memoria, xa que a súa estimulación é fundamental para que se produzca unha boa aprendizaxe na etapa de infantil e facilitar así a adquisición da linguaxe e a escritura.

Para traballala non hay mellor éxito que XOGAR. Dende unha perspectiva lúdica os menos e as nenas vense motivados , favorecendo as aprendizaxes significativas. E se ademáis facemos que o xogo sexa colaborativo, facilitaremos a cohesión e o traballo en equipo.





RETOS COOPERATIVOS

É importante fomentar a cooperación, colaboración e o traballo en equipo para construir as aprendizaxes da aula, por este motivo propoñemos retos cooperativos antes de comenzar as rutinas de aula.


PRIMEIRO RETO


SUBIRNOS Á BARCA



Seguro que o conseguiremos!!!

Pero... non será nada fácil...



BIBLIOTECA DE AULA

Montamos coa axuda do profe Iván a nosa biblioteca de aula

Identificamos as cores das diferentes seccións

Localizamos as letras para poder colocar os libros




OS ALIMENTOS

Coñecemos os alimentos que consumimos ao largo da semana, pero.... podemos comer de todo a cantidade que queiramos?

Coñecemos a palabra NUTRICIONAISTAS e descubrimos que son @s especialistas en alimentación, nutrición y dietética.


din eles que alimentos cren que se poden comer en maior cantidade (folio azul) e cales en menor cantidade (folio vermello)


                                           


2º vemos que din @s nutricionistas e coñecemos a “RODA DOS ALIMENTOS”





coa ayuda do que preguntamos na casa e o que din os nutricionistas reorganizamos os alimentos








MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...