AQUI ESTAMOS A TRABALLAR NOS NOSOS TRAXES DE CABALEIROS E DAMAS. XA VEREDES QUE CHULIS NOS QUEDAN !
ACOPROS
Un membro de ACOPROS ( Asociación Coruñesa de promoción del sordo) visitounos o día 4 de febreiro para contarnos o conto: "Oliver y sus audífonos", no que nos relata a historia do elefante Oliver que necesita usar un audífono para mellorar a súa comprensión auditiva. Ademais de xogar a adiviñar sons tamén probamos un audífono.
Foi moi didáctico !
ACOPROSonPhotoPeach
luns
A TROMPA
Estivo na nosa escola Manuel ,o pai de Laura, que é músico e toca a trompa na Orquesta Sinfónica de Galicia. Xunto con Masako, a nai de Laura, explicounos de forma amena e divertida a evolución da trompa. Ensinounos e puidemos tocar este instrumento así como tamén un corno de touro e unha trompa alpina.
Pareceunos unha experiencia moi interesante !
DÍA DA PAZ
O DÍA 30 DE XANEIRO PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ, CONSTRUIMOS UNHA MURALLA DA PAZ DO NOSO CRA. CADA ESCOLA CONTRIBUIU CON UNHA POMBA DEBUXADA POR PICASSO E AS LETRAS DA ' PAZ'. TAMÉN CANTAMOS A CANCIÓN "LA MURALLA" E FIXEMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.