Páxinas

martes

ESCORNABOT

Ao longo do curso imos traballar con tecnoloxía STEM, polo que a finais do curso pasado compramos dous ESCORNABOTS que utilizaremos na aula periódicamente.

Para comezar traballamos a buscar o Elmer igual e guiar ao esconabot ata o seu casilleiro correspoondente.

Resultou un traballo moi motivador que os nenos e nenas acollen magníficamente!!!



BIBLIOTECA

Coa chegada do profe Iván descubrimos e repasamos quén é a avioneta PEPA.

PEPA é a nosa mascota da biblioteca e con ela descubriremos un mundo máxico de contos, cancións e videos que poderemos levar a casa os venres (non esquezades devolvelos os luns)

As sección que temos son as seguintes...

LITERATURA

INVESTIGACIÓN

MÚSICA (CD)

CINE (DVD)

XOGOS

ADULTOS

E por si nos esquecemos, cada neno e nena levará o libro nunha carpeta onde poderedes atopar as seccións coloreadas por eles mesmos 

O préstamos comezará o venres día 28 de Setembro




MATEMÁTICAS

Realizamos sumas dun xeito lúdico e con dados de cores por parellas tiramos o dado para contar os puntiños, colocar os dedos que corresponden e sumar cos do meu compeñeir@.




Ademáis coñecimos as regletas, as súas cores e formas, e xogamos a facer construccións con regletas que sumasen 10... ainda que as veces equivocábamonos non pasa nada, dos erros tamén se aprende, só tíñamos que restar as que sobraban.










RETO CADROS FAMOSOS

Retámosvos a adiviñar as dúas imáxes que se corresponden...

O xogo consiste en que debedes enlazar as imaxes que correspondan... Vos atrevedes???

1

2

3

4

5

6


A

B

C

D

E

F






O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO

Apoiándonos no conto "O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO", pintamos manchas cos dedos (moitos nenos e nenas tiñan ganas de pintar coas mans, así que pintamos como a cada un lle apetecía.
Despóis limos o conto e vimos que Joan Miró tamén pintaba manchas de cores. 

pero... Cál é o cadro máis bonito do mundo?... os cadros máis bonitos do mundo son os que pintaron Iria, Antón B., Noa,África, Carmen, Antón L., Nerea F., Aitana, Gabriela, Matías, Miguel, Nerea Figueira e Saúl










por iso con estas OBRAS DE ARTE xogamos a imaxinar... nelas aparecían serpes, cabalos, leitugas, caracoles e ata un coello...

luns

CASILLEIROS

É importantes que as nenas e nenos formen parte da transformación da aula, por eso eliximos o color e o sitio do noso casilleiro onde gardaremos todos os traballiños que faremos si longo do curso.




PRIMEIRO DÍA

O primeiro día resultou fantástico!!! 😍

Nos reencontramos, nos emocionamos, nos abrazamos, nos besamos, nos reímos... e ninguén chorou!

Este curso temos 4 compañeir@s nov@s con nós, Noa, Iria, África e Antón son @s pequen@s da Nosa clase, eso significa que Carmen, Antón, Nerea e Aitana son @s median@s, e Matias, Miguel, Nerea, Gabriela e Saúl ca son @s maiores... qué rápido pasa o tempo 😅

Benvidos á Nosa aula!!! 






XA ESTAMOS DE VOLTA

Xa estamos de Volta!!!!!

Na reunión inicial vimos un corto moi especial que nos fai reflexionar sobre qué é o realmente importante...

Aquí volo dedicó par que o podases volver a ver 




FISALIS

A aportación que facedes as familias dentro da aula é algo moi importante para o proceso de ensino e aprendizaxe dos nenos e nenas.

Esta vez foron Carmen e Antón os que nos trouxeron unha froita que algúns non coñecían e que nos chamou a atención días atrás cando estes dous nenos merendaban: FISALIS

Esta aportación deunos moito xogo, vimos cores e formas, fixemos estimacións, contamos, dividimos e sobre todo probamos...










MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...