Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións

luns

MÁIS EXPERIMENTOS CON IVÁN

CÓMO PODEMOS LANZAR UN OVO DESDE UN METRO SEN QUE ROMPA?


Co todo o que sabemos, agora temos que pensar como lanzar un ovo SEN que rompa desde un metro. 


Se non o creedes aquí tedes a proba de que realmente non rompeu!


7º EXPERIMENTO CON IVÁN

Cómo separar a xema da clara do ovo 
coa axuda dunha botella?


Ainda que non o vexamos, dentro dunha botella de plástico hai aire, deste xeito ao exercer unha presión na botella coa tapa quitada este sae, e ao deixar de exercer a presión volve a entrar. Así, se no momento de soltar a botella a acercamos a unha xema de ovo, esta se virá atraída polo efecto de succión que exerce.



6º EXPERIMENTOS CON IVÁN

CANTA PRESIÓN É CAPAZ DE SOPORTAR UN OVO?

Agora xa a sabemos por que a galiña está tranquila cando se tumba encima dos ovos. Esto débese a que, a forma do ovo (de arco en bóveda pechada) está protexendo o seu interior ao distribuir a presión que se exerce por todo o ovo. O ovo convértese así, gracias ao seu diseño curvo, nunca estructura bastante resistente.




5 º EXPERIMENTO CON IVÁN

Experimentamos con ovos!!!

Esta vez o profe Iván trouxo un ovo, e analizamos as súas partes: xema e clara.
Ademáis experimentamos o que sucede se o sumerximos en auga: vese máis grande, afúndese...
E por último pensamos como podemos facer para que o ovo flote, qué lle podemos votar a auga, sal? zucre?, fariña?



Aquí tedes o vídeo!!!!!





3º EXPERIMENTO CON IVÁN

Nesta ocasión traballamos a flotación dos corpos nun medio acuoso.

“A auténtica mellora da intelixencia só pódese lograr mergullándoa nun medio rico intelectualmente, que lles plantee problemas e lles axuda a resolvelos” Juan Deval


4º EXPERIMENTO CON IVÁN

Estados da auga

Mediante a experimentación e a manipulación traballamos os diferentes estado se da materia, para iso utilizamos a auga.... así foi a Nosa experiencia!!! 





2º EXPERIMENTO CON IVÁN

Esta vez o Profe Iván nos trouxo un limón para escribir... sí, sí, para escribir mensaxes  ocultas!!!

O mollo do limón é unha mezcla de diferentes sustancias orgánicas (principalmente ácido cítrico), polo que ao calentalo lévase a cabo unha combustión, que deixa algúns resíduos de carbón, que son os responsables do oscurecemento das letras.


COMEZAN OS EXPERIMENTOS CON IVÁN

A experimentación é o mellor xeito  para  introducir aos nenos e nenas no mundo das ciencias. Coa realización de experiencias os nenos elaborarán hipóteses e experimentarán con materiais, para despois desenvolver pensamientos que fagan comprender o que sucedeu e así reflexionar sobre os resultados. Deste xeito comenza a construir os seus coñecementos coa axuda dun adulto.  

É o que Vigostky chama Zona de Desenvolvemento Próximo, que é a distancia que hay entre o nivel de desenvolvemento real e o nivel de desenvolvemento potencial,é dicir, a distancia que hay entre o desenvolvemento que xa se producía, que marca o conxunto de actividades que o neno é capaz de realizar por si solo e o conxunto de actividades que é capaz de realizar coa axuda e material. 





BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...