Páxinas

mércores

AVENTUREIRA SABELA

SABELA CHEGOU AOS ÁNXELES E ALÍ COÑECEU A MIRAITOWA QUE FALOULLE DA IMPORTANCIA DOS ANCESTROS EN TODAS AS CULTURAS DO MUNDO, POR ISO OS INDÍXENAS NATIVOS DE AMÉRICA DO NORTE EMPREGABAN UN TIPO DE MONUMENTO CHAMADO TOTEM COMO SÍMBOLO DO SEU GRUPO, POR ISO ENVIOUNOS UNHA CAIXA  PARA DECORAR E ENTRE TODOS E TODAS DECIDIMOS QUE O ANIMAL QUE NOS REPRESENTA É O CAMALEÓN.











SE QUEREDES VER O TOTEM DO CRA DE CULLEREDO PREMEDE AQUÍ





venres

DÍA DO LIBRO 2021

UNHA VEZ MÁIS CELEBRAMOS NO CRA DE CULLEREDO O DÍA DO LIBRO, E AÍNDA QUE NON NOS POIDEMOS XUNTAR COAS OUTRAS AULAS, SÍ QUE TIVEMOS SORPRESAS E MOMENTOS DO MÁIS ESPECIAIS.

PINTAMOS UNS MARCAPÁXINAS QUE CRAMOS COA NOSA IMPRESORA 3D, VIMOS TODAS AS CREACIÓNS QUE AS FAMILIAS FIXERON CON 5 LIBROS, E VIMOS O CONTO "CINCO" QUE OS PROPIOS NENOS E NENAS DO CRA DE CULLEREDO ELABORARON AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE CUNHA DAS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS.

MARCAPÁXINAS





PERSONAXE DO CONTO "CINCO" 





PARA VER TODAS AS NOSAS CREACCIÓNS PREMEDE AQUÍ










xoves

BOOKTUBERS

NA PRIMEIRA DAS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

TOCOUNOS FACER DE BOOKTUBERS, PARA ELO ELEXIMOS O LIBRO 

"NO ABRAS ESTE LIBRO"


ESTE CONTO FOI UN DOS MELLOR VALORADOS DO CRA E O ELEXIDO POLA NOSA AULA PARA PRENSENTÁRVOS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O NOSO DEBUT COMO BOOKTUBERS:





venres

BOTELLAS SENSORIAIS

A NOSA COMPAÑEIRA IRIA E A SÚA NAI PROPUXÉRONNOS UN OBRADOIRO DO MÁIS ESTIMULANTE PARA A NOSA VISTA.

CON 5 INGREDIENTES FIXEMOS BOTELLAS SENSORIAIS QUE NOS AXUDARÁN A RELAXARNOS CANDO ESTEAMOS NERVIOSOS OU NERVIOSAS OU CANDO SIMPLEMENTE NOS APETEZA RELAXARNOS.







GRAZAS CHUS POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MOMENTO TAN ESTIMULANTE!!!





xoves

DÍA DO BICO

O PASADO 13 DE ABRIL CELEBRAMOS NA AULA O DÍA DO BICO.

COMO ESTE CURSO NON PODEMOS DARNOS BICOS ENTRE NÓS, DECIDIMOS CELEBRAR ESTE DÍA TAN ESPECIAL E REGALAR BICOS A AQUELAS PERSOAS ÁS QUE SÍ LLOS PODEMOS DAR.

CREAMOS UN RASCA NO QUE SEMPRE GAÑAMOS!!!!

CÁNTOS BICOS TOCARÁN?





FELIZ DÍA DO BICO!!!!








luns

A HORTA DA CHOEIRA 2

COA AXUDA DE MARÍA A NAI DE PABLO, COMEZAMOS A PLANTAR SEMENTES DE MAÍZ, BRÉCOL, LEITUGA E TOMATE.

DESDE A SÚA CASA MARÍA FOINOS GUIANDO PARA FACER OS SEMENTEIROS E DEUNOS AS INDICACIÓNS NECESARIAS PARA QUE CREZAN RÁPIDO E FORTES.



PRIMEIRO PUXEMOS AS SEMENTES ENTRE ALGODÓNS MOLLADOS EN AUGA PARA ASÍ VER CÓMO VAN SAINDO AS RAICES E VAI CRECENDO A PLANTA.


PERO TAMÉN ALGUNHAS SEMENTES AS PLANTAMOS DIRECTAMENTE NA TERRA



O SEGUINTE PASO SERÍA PREPARAR O ESPAZO QUE CONVERTEREMOS NA NOSA HORTA, ASÍ QUE NOS MOMENTOS DE PATIO TAMÉN TRABALLAMOS... E TRABALLAMOS MOITO!!!





E CHEGADO O DÍA NO QUE AS PLANTAS XA ERAN O SUFICIENTEMENTE GRANDES, AS TRANSPLANTAMOS E AS PUXEMOS NA NOSA HORTA PARTICULAR.






AGORA TOCA ESPERAR!!!!

GRAZAS MARÍA POLA ÚTA AXUDA!!!!






venres

AVENTUREIRA SABELA CHEA A TOQUIO

TRAS O LARGO VIAXE QUE TIVO QUE FACER SABELA PARA CHEGAR A XAPÓN, ATRACOU NO PORTO DE TOQUIO E DESDE ALÍ ENVIOUNOS UN AUDIO QUE ESCOITAMOS MOI ATENTOS E ATENTAS. 

SABELA NOS EXPLICOU QUE ALÍ COÑECEU A TOSHIRO E LLE DIXO QUE ESTABA XA MOI CERCA DE ATOPAR O TESOURO, PERO NECESITABA QUE TRADUCÍSEMOS UN CONTO TRADICIONAL XAPONÉS AO GALEGO. POR ISO ENVIOUNOS NUNHA CAIXA UN KAMISHIBAI CO CONTO QUE TRADUCIMOS E ENVIÁMOSLLO A XAPÓN.

TAMÉN 




SE QUEREDES VER A MENSAXE DE SABELA E O RESULTADO DA NOSA MISIÓN PREMEDE AQUÍ


ANIVERSARIOS DE CARMELA, IAGO E ALMA

 CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE 3 DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!

PARABÉNS CARMELA!!!! FELIZ ANIVERSARIO!!!! 5 ANOS!!!!


PARABÉNS IAGO!!!! FELIZ ANIVERSARIO!!!! 4 ANOS!!!!


PARABÉNS ALMA!!!! FELIZ ANIVERSARIO!!!! 5 ANOS!!!!



martes

NOVO TRIMESTRE, NOVOS EQUIPOS

COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE E  CAMBIAMOS DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. 


PARA DESCUBRIR EN QUÉ EQUIPO NOS TOCABA ESTAR AO LONGO DESTES ÚLTIMOS 3 MESES, FIXEMOS FLORECER UNHAS FLORES NA AUGA E  ESTO FOI O QUE PASOU...



OS EQUIPOS QUE TEREMOS ESTE ÚLTIMO TRIMESTRE SON:

EQUIPO VERMELLO: XIANA, ÁFRICA, IAGO E PABLO

EQUIPO VERDE: ANTÓN, LUCAS, CARMELA, ALMA

EQUIPO AMARELO: IRIA, CARMELA, LEO E OLIVER

EQUIPO AZUL: NOA P., FRAN, BREIXO E NOA R.


COMEZA A CONTA ATRÁS