Páxinas

domingo

#NÓSQUEDAMOSNACASA

Ao longo destes días todas as familias da aula quisemos compartir os momentos que estamos a vivir nas nosas casas, e dar unha pequena homenaxe a esa vestimenta que tanto tanto estamos a usar... 


O CHÁNDAL


Esperamos que vos saque un sorriso tan grande como o noso á hora de facer este video 

#NÓSQUEDAMOSNACASA



martes

PRONTO NOS VEMOS

PRONTO NOS VEMOS FAMILIAS!!!!



CARPIÑO: OITAVA MISIÓN

Xa vamos pola oitava misión, e neste caso Carpiño presentounos a Rodolfo o octópodo.


Rodolfo, está atopando no fondo do mar envases e botellas de plástico, algo que dificulta as súas vidas no día a día.

A oitava misión consiste en construir un amigo ou amiga de plástico con envases que xa non usemos e evitar así que algún deles terminen nos nosos mares.

Coa app TRASH TOYS, creamos un amigo que debemos componer entre todos cando volvamos ás nosas aulas.



O noso amigo de plástico, que entre todos e todas construimos, será así:


E para elo as nenas e nenas comprometéronse a traer os seguintes materiais:
África: vaso de plástico
Noa: Chapa de botella
Iria: Botón
Carmen: corcho de botella
Raquel: Goma de borrar
Area: Pincel
Antón B.: Muelle
Oliver: Palliña
Iván: Tenedor
Cole: Papeles de cores

Mentres esperamos a regresar ás nosas aulas, Carpiño deixounos unha mensaxe moi especial cunhas curtas para ver e reflexionar.

Podedes velas premendo AQUÍ

luns

IMPRESORA 3D

XA EMPEZAMOS A FEDELLAR COA NOSA IMPRESORA 3D!!!!


COMEZAMOS A INVESTIGAR COMO FUNCIONABA E PARA QUE SERVÍA







E COA APP "DOODLE 3D" CREAMOS E FORMAMOS AS NOSAS INICIAIS


AINDA FALTAS ALGUNHAS POR IMPRIMIR... PERO CANDO POIDAMOS REGRESAR ÁS AULAS CONTINUAREMOS...





venres

MANDALAS

Coa axuda de Lucia fixemos unha actividade moi divertida e interesante: Mandalas con elementos naturais. 

Repasamos así conceptos como simetría e fixemos unhas verdadeiras fermosuras.









Recordade que esta actividade a poderes realizar estes días con materiais que tendes nas vosas casas. 

Déixovos uns exemplos que podedes utilizar para facer as vosas composicións:





PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE O CORONAVIRUS

SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO DURANTE 14 DÍAS NATURAIS, QUE PODERÁN PRORROGARSE SEGUNDO ESTABLEZAN OS ORGANISMOS COMPETENTES.
DEBIDO A ISTO, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO, AMPLIARASE A UNHA SEMANA DESDE O DÍA DA NOVA APERTURA DOS CENTROS.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO VÍA E-MAIL: cra.culleredo@edu.xunta.gal

xoves

CARPIÑO: SÉTIMA MISIÓN

Unha nova misión nos envía Carpiño desde o seu fogar o mar.
Esta vez a ameaza ven polos produtos de hixiene que utilizamos no noso día a día.



Por iso descubrimos un montón de productos de hixiene que Carpiño enviounos nun neceser.


Moitos destes produtos terminan polo váter e polo tanto van a ao mar onde TOMÁS, o cabaliño de mar, amigo de Carpiño atopou algún deles.


A misión de Carpiño consiste en facer un experimento no que comprobemos qué materiais dos que tiramos polo váter son máis biodegradables e polo tanto podemos ou non tiralo polo váter.


Cun pouco de auga en tres cubos, botamos papel wc, toallias de bebé e toalliñas que en principio sí se poden tirar polo váter. Pero... Qué pasará????








Tras comprobar unha a  unha se realmente pasaban ben polas tuberías, nos comprometemos a contar o que pasa a todos os adultos que coñecemos: 

SOAMENTE O PAPEL HIXIÉNICO DESFAISE E NON ATASCA AS TUBERÍAS 

Así conseguimos superar a sétima misión!!!!

domingo

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Porque as matemáticas tamén poden ser divertidas!!!!

Estas son algunhas das actividade que imos facendo no día a día na aula.


SIMETRÍAS CON REGLETAS


DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS




7ª TAREFA INTEGRADA

No libro "PEQUEÑOS GRANDES GESTOS por el planeta" podemos atopar algunas mulleres que fixeron grandes accións para manter o benestar do noso planeta.


  

De todas elas, na nosa aula, quixemos hopmenaxear a Wangari Maathai pola súa iniciativa: "Movimiento Verde".



No seguinte video podedes ver o video que fixemos para dar a conhecer a súa labor




xoves

6ª TAREFA INTEGRADA:

Coa sexta tarefa integrada aprendemos a clasificar os residuos que imos xerando.

Por iso vimos o libro "Queme dis... reciclaxe" e analizamos o uso de cada contendor.



Despois grazas a Avioneta Pepa, xogamos a reciclar e tamén deixounos na aula uns cartes co compromiso da propia Pepa para reciclar os residuos.


E levamos para casa un libro dos Bolechas para axudarnos a compartir estes coñecementos coas nosas familias


martes

ENTROIDO

Este curso celebramos o Entroido dun xeito respetuoso co noso planeta e disfrazámonos e ENERXÍAS RENOVABLES.




Ao longo de toda a semana o noso amigo CARPIÑO enviounos mensaxes cos mandados do MANDACRA.



Fixemos os nosos disfraces coa axuda dalgunha familia que acudiu a nosa aula a realizar un obradoiro para elaborarlos.




Grazas a SARA (nai de Alma), PATRICIA (nai de Oliver), CARMEN (nai de Breixo) e CHUS (nai de Iria) pola vosa axuda nestes días de tanto traballo ❤️


E o venres celebramos no pavillón de Almeiras a Festa do Entroido en colaboración con todas e cada unha das familias do noso cole.

GRAZAS FAMILIAS




domingo

CARPIÑO: SEXTA MISIÓN

Na sexta misión para axudar a Carpiño, éste presentounos á súa amiga Xela, unha vieira que sentía pena xa que o grupo dos bivalvos son os grandes olvidados cando temos que elexir o noso animal preferido. Por este motivo, coñecimos algunha das súas cunchas.



Pero estes animais están ameazados por unha ecoameaza que fai que a súa vida no fondo do mar sexa un pouco incómoda: "as latas". 


Por iso a nosa nova misión consiste en reutilizar algunha lata para plantar cactus.



Unha vez superada a misión xa puidemos poñer o cruño número 6!!!!!





BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...