Unha nova misión nos envía Carpiño desde o seu fogar o mar.
Esta vez a ameaza ven polos produtos de hixiene que utilizamos no noso día a día.
Por iso descubrimos un montón de productos de hixiene que Carpiño enviounos nun neceser.
Moitos destes produtos terminan polo váter e polo tanto van a ao mar onde TOMÁS, o cabaliño de mar, amigo de Carpiño atopou algún deles.
A misión de Carpiño consiste en facer un experimento no que comprobemos qué materiais dos que tiramos polo váter son máis biodegradables e polo tanto podemos ou non tiralo polo váter.
Cun pouco de auga en tres cubos, botamos papel wc, toallias de bebé e toalliñas que en principio sí se poden tirar polo váter. Pero... Qué pasará????
Tras comprobar unha a unha se realmente pasaban ben polas tuberías, nos comprometemos a contar o que pasa a todos os adultos que coñecemos:
SOAMENTE O PAPEL HIXIÉNICO DESFAISE E NON ATASCA AS TUBERÍAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario