Páxinas

domingo

O 5 NAS NOSAS VIDAS

OS NÚMEROS ESTÁN PRESENTES NO NOSO DÍA A DÍA.

PARA ESTA TAREFA INTEGRADA, PEDIMOS AXUDA ÁS FAMILIAS QUE NOS ENVIARON FOTOS E VIDEOS DO NÚMERO 5 NAS NOSAS VIDAS PARA DESPOIS CATALAGOLAS NA AULA EN FUNCIÓN DO VALOR DESTE NÚMERO.

ESTE FOI O RESULTADO!!! 


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

PULMÓNS

 QUE PASA CO AIRE CANDO ENTRA NO NOSO CORPO?

POIS ESTA PREGUNTA É A QUE NOS FIXEMOS NA AULA, POR ISO PUXÉMONOS UNHA CAMISETA "MÁXICA" QUE NOS PERMITIU VER O NOSO CORPO POR DENTRO E PODER OBSERVAR OS NOSOS PULMÓNS.





mércores

AVENTUREIRA SABELA

 RECIBIMOS NOTICIAS DE SABELA DESDE O SAHARA!!!!

PARA SABER TODO O QUE ALÍ FIXO, ENVIOUNOS UN VIDEO ONDE NOS EXPLICABA QUE MONTOU EN QUAD E EN DROMEDARIO, QUE VIU A UN ENCANTADOR DE SERPES, E QUE TAMÉN VIU A ABDUL, PERO ESTE DÍXOLLE QUE O TESOURO XA NON ESTABA EN MARROCOS SENON QUE FACÍA MOITOS ANOS QUE ESTABA EN ITALIA, ASÍ QUE BUSCAMOS ONDE ESTABA ESTE NOVO PAÍS AO QUE VIAXARÁ SABELA!

DENTRO DE 7 DÍAS, SABEREMOS MÁIS DA NOSA AMIGA SABELA!





SE QUEREDES VER MÁIS DESTA AVENTUREIRA, PREMEDE AQUÍ


domingo

AVENTUREIRA SABELA CHEGA A MARROCOS

SABELA CHEGA AO PORTO DE ESSAOUIRA E ENVIOUNOS UN PAQUETE CUNHA MISIÓN MOI IMPORTANTE PARA LEVAR A CABO E UN AUDIO ONDE NOS EXPLICABA COMO FOI A SÚA VIAXE.


AO CHEGAR ALÍ BUSCOU A ABDUL, O ANTIGO PATRÓN MAIOR, QUE AGORA TIÑA UN NOVO TRABALLO, É O RESPONSABLE DA KASBAH MAIS IMPORTANTE DO PAÍS, ASÍ QUE BUSCAMOS EN INTERNET CAL PODÍA SER PARA AXUDAR A SABELA.


UNHA VEZ QUE DESCUBRIMOS O NOME DA KASBAH, ABRIMOS A CAIXA E DENTRO HABÍA UNHA HIYAB, UNS BOTES CON ESPECIAS E AZULEXOS QUE DEBERÍAMOS DECORAR E ENVIARLLOS A SABELA PARA QUE LLOS LEVASE A ABDUL E PODER FACER UN TROCO POLA INFORMACIÓN NECESARIA SOBRE O TESOURO.




ESPERAMOS PRONTO NOTICIAS DE SABELA!!!

SE QUEREDES VER MÁIS SOBRE ESTA AVENTURA PREMEDE AQUÍ


AVENTUREIRA SABELA

COMO DECIDIMOS AXUDAR A SABELA E PARA PODER SEGUIR A SÚA VIAXE, ENVIOUNOS UN MAPA E UNHA CONTA ATRÁS E ASÍ SABER CANDO CHEGA A UN PORTO.


 SABELA INICIA A SÚA AVENTURA, E PON RUMBO A MARROCOS EN BUSCA DO PRECIADO TESOURO!


IDENTIFICAMOS NO MAPA MARROCOS E TRAZAMOS O PERCORRIDO QUE FARÁ DURANTE OS SEGUINTES 7 DÍAS


SE QUEREDES VER MÁIS SOBRE ESTA PRIMEIRA AVENTURA, PREMEDE AQUÍ




PIZZA PARA MERENDAR

A PROFESORA DE PRÁCTICAS MIRIAM, TROUXONOS UNHA PIZZA PARA MERENDAR! 

PERO PARA PODER COMELA TERÍAMOS QUE POÑER OS INGREDIENTES EXACTOS SEGUNDO A RECEITA ELIXIDA.

UNHA ACTIVIDADE COA QUE APRENDEMOS MATEMÁTICAS DUNHA MANEIRA DIVERTIDA











PROHIBIDO PROHIBIR

 A SEGUNDA DAS TAREFAS INTEGRADAS QUE REALIZAMOS DESDE A BIBLIOTECA, PARTE DA PREMISA DE FACER DAS NOSAS ESCOLAS UN LUGAR DE RESPETO E CONVIVENCIA, POR ISO TEMOS QUE ELABORAR 5 NORMAS PARA FACER UNHA ESCOLA E UN MUNDO MELLOR.



ESTA É A NOSA APORTACIÓN:










TAREFA EN FAMILIA

 ESTES SON OS NOMES QUE FIXÉCHEDES NA CASA!!!!

TAREFA EN FAMILIA





















mércores

ANIVERSARIOs

COMEZAMOS A CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DESTE CURSO!!!!

O PRIMEIRO FOI O DO NOSO COMPAÑEIRO OLIVER, E COMO NON PODEMOS TRAER TARTAS AO COLE, POIS FIXEMOS UNHA MOI ESPECIAL! OS INGRDIENTES FORON: PLÁTANO, NATA, CHOCOLATE E FRESA... 

ESTABA RIQUÍSIMA!!!!







domingo

CARPIÑO VISÍTANOS

ESTES DÍAS TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!! CARPIÑO VEU A PASAR UNHA MAÑÁ CON NÓS.


CARPIÑO É UNHA PEQUENA CARPA QUE NOS PEDIU AXUDA O CURSO PASADO PARA AXUDARLLE A LIMPAR O MAR, QUE ÚLTIMAMENTE ANDA TAN CONTAMINADO.

AO LONGO DO DÍA DÉMOSLLE DE COMER E ÉL ENVIOUNOS UNHA CARTA PARA PRESENTARNOS A UNHA AMIGA QUE COÑECERA NUNHA DAS SÚAS AVENTURAS: "AVENTUREIRA SABELA".




NUNHA DAS SUAS VIAXES E CANDO ESTABA AXUDADNDO AO NOSO AMIGO CARPIÑO, SABELA ATOPOU UN MAPA CUNHA MARCA DUN TESOURO, UN TESOURO QUE TEREMOS QUE DESCUBRIR, POR ISO PREGUNTOUNOS SE QUERIAMOS AXUDALA... SABEDES CAL FOI A NOSA RESPOSTA?


PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DESTA AVENTURA PREMENDO AQUÍ




SAMAÍN NO CRA DE CULLEREDO

 ESTE CURSO A FESTA DE SAMAÍN FOI UN POUQUIÑO DIFERENTE AO HABITUAL, PERO NON POR ISO MENOS TERRORÍFICA!!!!!



RECIBIMOS NO NOSO CORREO UN VIDEO QUE ALGUÉN NOS ENVIOU AO CORREO DA NOSA ESCOLA



PERO... QUEN ENVIOU ESTE VIDEO?


FORON MOITAS AS CONCLUSIÓNS... E AINDA QUE NON SABEMOS QUEN ENVIOU O VIDEO, DESDE LOGO QUE NON QUERÍA FACERNOS MAL NINGÚN, XA QUE NOS DEIXOU UNS AGASALLOS MOI DIVERTIDOS!!!!


SE QUEREDES VER MAÍS PREMEDE AQUÍ

TAMÉN VOS DEIXAMOS OUTRA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA CELEBRAR O SAMÁIN, CONVERTÉNDONOS NÓS MESMOS EN MOMIAS!!!!







BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...