Páxinas

luns

VISITAMOS O ACUARIO FINISTERRAE


CARTA ISLA FANTASÍA Y VISITA DE BRÚJULA

Fai uns días recibimos unha carta desde Isla Fantasía escrita polo Gobernador, qué ilusión!!!! Pero aínda máis ilusión nos fixo a visita de BRÚJULA!!!!

Brújula explicounos que voou e voou tan alto que chegou ao espacio exterior e... volveu a perder o Norte... Menos mal que se agarrou a unha constelación para poder guiarse polas estreas.

Pero estas esteliñas da constelación AURIGA son un pouquiño trastes e se escaparon polo camiño, así que axuda os a Brújula a atopalas.

VOLVE CANDO QUEIRAS BRÚJULA!!!!
GÚSTANNOS MOITO AS TÚAS VISITAS!!!!




REIS MAGOS

Os Reis Magos tamén pasaron pola  Nosa escola!!!!!! E nos deixaron 6 paquetiños, contamos e pensamos o xeito de abrilos...
Se estamos 12 nenos e nenas na clase ese día e ahí 6 regalos... podemos abrir un paquetiño cada dous nen@s.


DECORAMOS TAZAS E COCIÑAMOS CAKE POPS

A importancia dun bo almorzo é fundamental para comenzar o día dun xeito enérgico e productivo.

Os nenos e nenas comerán moi temprano a súa actividade tanto física como intelectual, por iso para afrontar ben o día é vital que tomen un bo almorzo. É tan importante que incluso condiciona as súas aprendizaxes: segundo a Asociación Española de Pediatría os nenos e nenas que non almorzan son máis apáticos e teñen un menor rendemento escolar.

Deste xeito pensamos que o mellor xeito de afrontar este momento podería ser con algo que nos recordase aos nosos amigos e amigas da escola... DECORAMOS AS NOSAS PROPIAS TAZAS!!!!
Cada neno e nena puxo o seu propio nome e dibuxouse a él/ela mesma, pero tamén fixo un pequeno debuxo en todas as tazas para que nos recorde as nosas amigas e amigos da escola.

Ademáis, Matías nos trouxo un libro de receitas de CAKE POP que tamén fixemos, seguindo os pasos dunha receita elaborada con Panetone (un postre tradicional de Navidal en Milán)




ACTIVIDADE DE LÓXICA

Dende a biblioteca se nos propuso facer unha actividade divertida e creativa na que tíñamos que utilizar a Nosa LÓXICA e pensar en alimentos con formas e cores diferentes...


A nós tocounos:
FORMA: Circular
CORES: Rosa e LARANXA


Se vos ocurre algún alimento con estas características?
Estes son os que nos descubrimos


OBRADOIRO TELAS

As telas son un material de fantástico e versátil co que os nenos e nenas poden facer infinidad de xogos

Cosas telas podemos transformar espacios ou incluso transformarnos nós mesmos, xogando coa nosa propia identidade á hora de disfrazarnos.

Ademáis as telas son lixeiras e fáciles de manipular polos nenos e nenas e nos axudarán a traballar a coordinación óculo manual e a motricidade fina

Por este motivo e coa axuda de CARMEN (avoa de Carmen e Antón) e ALÍCIA (nai de Cristina), fixemos un obradoiro do máis divertido e productivo no que os nenos e nenas ademáis de pásalo xenial, pintaron telas decorando eles mesmos o seu espazo de xogo e traballo, ataron e ensamblaron abalorios exercitando así os seus dediños que nos servirá de transferencia de cara a habilidade á hora de escribir.


GRAZAS POR AXUDARNOS!!!!






3º EXPERIMENTO CON IVÁN

Nesta ocasión traballamos a flotación dos corpos nun medio acuoso.

“A auténtica mellora da intelixencia só pódese lograr mergullándoa nun medio rico intelectualmente, que lles plantee problemas e lles axuda a resolvelos” Juan Deval


4º EXPERIMENTO CON IVÁN

Estados da auga

Mediante a experimentación e a manipulación traballamos os diferentes estado se da materia, para iso utilizamos a auga.... así foi a Nosa experiencia!!! 





AREA KINÉTICA

Para traballar coa Nosa mesa de luz- sensorial fixemos unha area especial, unha area máxica... AREA KINÉTICA!!!! Pero... qué é a area KINÉTICA? 

A area KINÉTICA é unha area especial que proporciona un placer sensorial xogar con ela... Similar á area mollada vólvese máis moldeable que esta, podendo crear formas e gran definición con moldes.


XOGAR coa area KINÉTICA ten grandes beneficios para os nenos e nenas:
- Psicomotricidade fina: amasando e moldeando.
- Creatividade e imaxinación: construindo figuras, creando mundos...
- Coordinación óculo-manual: metendo e sacando area dos moldes, colhendo a area.
- Xogo simbólico: inventando historias.
- Relaxación: simplemente tocando a area.
- Estímulo sensorial: coa manipulación e experimentación.

Ainda que se pode mercar nós referimos facela seguindo a receta que aquí vos deixo:



E para iso viñeron a axudarnos A FAMILIA DE NICO E A FAMILIA DE NEREA FIGUEIRA!!!!

Seguimos os pasos que no vídeo aparecen... e ainda que XOGAMOS con ela non nos saíu de todo ben... teremos que inténtalo de novo... Eso sí, O PASAMOS XENIAL!!!!

GRAZAS LÍDIA E ALBA!!!! 
SEN A VOSA AXUDA NON SERÍA O MESMO







MESA SENSORIAL

QUÉ FACEMOS CON ESTA MESA???? Esta foi a pregunta que nos fixemos para chegar a facer unha mesa de luz-sensorial.

Entón todo foi rápido... ás 9´00h chega Gabriela co seu pai Rafa.

PROFE RAQUEL: Hola Rafa, tí seberías como podo facer para montar aquí unha mesa de luz-sensorial? Necesitaríamos uns listóns de madeira.
RAFA: Claro!!! Deixame un metro que teño que medir e xa os traio eu.
PROFE RAQUEL: Que eficacia!!! Moitas Grazas.

E ás 14´00h do mesmo día...
RAFA: aquí os tes!!!
PROFE RAQUEL: mañá traio eu as luces que teño na cas a xa a montamos.

Se todos e todas colaboramos e formamos parte do proceso educativo dos nosos fillos e fillas poderemos facer máis e mellores cousas, por iso 


MOITAS GRAZAS FAMILIA DE GABRIELA!!!!


ESTA MESA VAINOS DAR MOITO XOGO!!!!!


A mesa de luz é un dos recursos educativos que máis atraen aos nenos e nenas. Trátase dunha superficie con base luminosa que permite aos nenos e nenas poder experimentar de forma sensorial, xa sexa facendo as súas propias creación artísticas, usándoas para calquiera tipo de xogo que elas mesmas inventen... a luz atrae de forma natural as nenas e nenos e transforma os materiais dándoles unha nova dimensión.








MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...