Páxinas

luns

MESA SENSORIAL

QUÉ FACEMOS CON ESTA MESA???? Esta foi a pregunta que nos fixemos para chegar a facer unha mesa de luz-sensorial.

Entón todo foi rápido... ás 9´00h chega Gabriela co seu pai Rafa.

PROFE RAQUEL: Hola Rafa, tí seberías como podo facer para montar aquí unha mesa de luz-sensorial? Necesitaríamos uns listóns de madeira.
RAFA: Claro!!! Deixame un metro que teño que medir e xa os traio eu.
PROFE RAQUEL: Que eficacia!!! Moitas Grazas.

E ás 14´00h do mesmo día...
RAFA: aquí os tes!!!
PROFE RAQUEL: mañá traio eu as luces que teño na cas a xa a montamos.

Se todos e todas colaboramos e formamos parte do proceso educativo dos nosos fillos e fillas poderemos facer máis e mellores cousas, por iso 


MOITAS GRAZAS FAMILIA DE GABRIELA!!!!


ESTA MESA VAINOS DAR MOITO XOGO!!!!!


A mesa de luz é un dos recursos educativos que máis atraen aos nenos e nenas. Trátase dunha superficie con base luminosa que permite aos nenos e nenas poder experimentar de forma sensorial, xa sexa facendo as súas propias creación artísticas, usándoas para calquiera tipo de xogo que elas mesmas inventen... a luz atrae de forma natural as nenas e nenos e transforma os materiais dándoles unha nova dimensión.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...