Cosas telas podemos transformar espacios ou incluso transformarnos nós mesmos, xogando coa nosa propia identidade á hora de disfrazarnos.
Ademáis as telas son lixeiras e fáciles de manipular polos nenos e nenas e nos axudarán a traballar a coordinación óculo manual e a motricidade fina.
Por este motivo e coa axuda de CARMEN (avoa de Carmen e Antón) e ALÍCIA (nai de Cristina), fixemos un obradoiro do máis divertido e productivo no que os nenos e nenas ademáis de pásalo xenial, pintaron telas decorando eles mesmos o seu espazo de xogo e traballo, ataron e ensamblaron abalorios exercitando así os seus dediños que nos servirá de transferencia de cara a habilidade á hora de escribir.
GRAZAS POR AXUDARNOS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario