Páxinas

martes

D¨XASTRES

Seguimos co proxecto a voltas... Estamos traballando sobre:

*MEDRAMOS. As medras son o signo de crecemento e non só nos referimos a nivel físico (altura, peso...) senon que hai moitros outros indicadores... Algúns deles estamos rexistrándoos no libro "As nosas medras" que faremos en dous momentos, agora e a final de curso para poder mostrarlle aos peques a súa evolución e conquista.



*A roupa: talla (etiquetas), cores da roupa (tintes), tecido (orixe)... 

Elaboramos tintes naturais para tinguir trociños de tea de algodón (observamos unha flor de algodón). Como en propostas anteriores estivemos a traballar as cores primarias e secundarias aproveitamos dito coñecemento para elaborar os tintes con eses tonos. Comezamos a actividade cunha reunión encabezada pola pregunta: Como conseguimos as cores da roupa que levamos posta? Esto permitiunos falar dos tintes naturais e artificiais. 

Elaboramos en primeiro lugar tintes de cores primarios empregando remolacha (vermello), col e bicarbonato (azul) e cúrcuma (amarelo). Fixemos a mestura con estes para conseguir os secundarios.













Empregamos os tintes elaborados para traballar a grafía dos nosos nomes. Comparamos o tinte elaborado coa témpera que empregamos normalmente na aula e observamos que esta última era máis espesa polo que mesturámolos con fariña para conseguir o espesor adecuado para realizar a proposta.
















mércores

MAGOSTO

O pasado venres celebramos o Magosto na Torre de Celas cas nosas amigas e amigos das escolas do CRA. Disfrutamos moito xogando a varios xogos popolares, comemos castañas asadas e tivemos un tempiño para explorar o entorno do lugar, unha xornada moi divertida!










Para decorar os tetrabrick fixemos un debuxo colaborativo, onde o resultado e a suma de todas as aportacións individuais. Debuxamos a Xana, a castañeira, a partir dunha descripción que fixemos dela (cara redonda, ten dous ollos, un parece unha castaña e o outro un botón, o seu sorriso delata que lle faltan dous dentes, a nariz parécese a folla dun piñeiro.... ). Cada nena/o  só debuxa a característica que se describe no momento, unha vez rematada pasamos ao papel do lado e debuxamos a seguinte característica, rotando así por todos os debuxos.












SAMAÍN

 A última semana de outubro estivemos moi atarefados (e tamén algo nervisillos) e con moitas ganas de que chegase o venres para disfrazarnos.











E por fin chegou o día. A festa de Samaín deu comezo cunha instalación de xogo, preparamos merenda terrorífica, xogamos un montón no patio e para rematar a mañá bailamos e vimos unha curtometraxe (A Bruxa Regañadentes):

 


































MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...