Páxinas

sábado

TAREFA PARA FACER EN FAMILIA

OLA FAMILIAS! 

ESTA SEMANA PROPÓÑOVOS UNHA ACTIVIDADE PARA FACER NAS VOSAS CASAS...

SE NOS FIXAMOS BEN, ATOPAMOS LETRAS EN MOITAS SITIOS: REVISTAS, ENVASES...

POR ISO PROPÓÑOVOS BUSCAR AS LETRAS DOS VOSOS NOMES E QUE AS RECORTEDES PARA COMPOÑER OS VOSOS NOMES. DEPÓIS TEREDES QUE CONTAR CANTAS LETRAS QUE TEN, PARA ISO PODEDES AXUDARVOS DE GARAVANZOS, TAPÓNS, CHAPAS...




PODEDES, SE QUEREDES, AMPLIAR ESTA ACTIVIDADE:

- BUSCANDO O NOME DA VOSA NAI, PAI, IRMÁNS...

- COLOCANDO EN ORDE OS NOMES QUE TEÑEN  MÁIS LETRAS AO DE MENOS LETRAS.

- COLOCANDO EN ORDE OS NOMES QUE TEÑEN MENOS LETRAS AO DE MÁIS LETRAS.

- ESCRIBINDO NUN PAPEL OS NOMES E O NÚMERO DE LETRAS.


UNHA VEZ REALIZADA A ACTIVIDADE SACÁDELLE UNHA FOTO E ENVIÁDEA AO CORREO DA NOSA ESCOLA. TODAS ELAS AS COLGAREMOS NO NOSO BLOGUE PARA QUE POIDADES SABER CANTAS LETRAS TEÑEN OS NOMES DOS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

TEDES DE PRAZO ATA O VENRES 6 DE NOVEMBRO!!!!


venres

INVENTAMOS MONSTROS TERRORÍFICOS

 ESTES DÍAS PARA CELEBRAR O SAMAÍN, INVENTAMOS MONSTROS CO XOGO "MONSTER KIT"


PRIMERO OS CREAMOS EN PAPEL E ESCRIBIMOS O SEU NOME, PARA DEPOIS DARLLE VOLUME COA PLASTILINA.

DESDE LOGO RESULTOU UN XOGO DO MÁS ENTRETIDO.









mércores

A NOSA ESCOLA

A PRIMEIRA TAREFA INTEGRADA QUE NOS CHEGA DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ESTÁ RELACIONADA CO COÑECEMENTO DAS NOSAS ESCOLAS.

CO LIBRO "EL PRIMER DÍA DE COLE", DESCUBRIMOS O COLE DUN NENO CHAMADO LEÓN, PERO... CÓMO SON AS AULAS DO NOSO CRA?

POIS PARA QUE OS DEMÁS NENOS E NENAS NOS POIDAN COÑECER, FIXEMOS UN VIDEO DE PRESENTACIÓN, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!





sábado

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS UN ANO MÁIS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, POR ISO ESTA SEMANA OS ESCORNABOTS NOS TROUXERON O CARTEL DESTE CURSO "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"



RESPIRA

COA AXUDA DO LIBRO "RESPIRA" TOMAMOS CONCIENCIA DA IMPORTANCIA DA NOSA RESPIRACIÓN.


ESTE CURSO NECESITAREMOS "RESPIRAR" MOITO, POR ISO COMEZAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO PROXECTO DESTE CURSO COA AXUDA DESTE LIBRO.

 

A RELAXACIÓN DESTA SEMANA  CENTROUSE NA NOSA RESPIRACIÓN E COMO ENTRA E SAE O AIRE DO NOSO CORPO.




 




MOCHILA VIAXEIRA

A MOCHILA VIAXEIRA DE A CHOEIRA 2 XA ESTÁ NAS VOSAS CASAS!

AO LONGO DO CURSO VIAXARÁ POR TODOS OS FOGARES DOS NENOS E NENAS DA AULA.

RECORDADE QUE ESTE CURSO A DISFRUTAREDES DURANTE 14 DÍAS, POLO QUE A TEREDES QUE DEVOLVER UN XOVES COA FINALIDADE DE PERMANECER EN CORENTENA ANTES DE VIAXAR Á SEGUINTE CASA.


A DISFRUTAR!!!!





PRÉSTAMOS DE AULA

 XA PODEMOS DISFRUTAR DOS CONTOS DA AULA NAS NOSAS CASAS.

LEVAREMOS OS CONTOS OS VENRES E RECORDADE DEVOLVELOS OS LUNS PARA PODER DISFRUTARLOS CANTO ANTES NA CLASE.





BIBLIOTECA DE AULA

XA TEMOS NAS NOSAS AULAS OS LIBROS DA BIBLIOTECA!!!!

PERO ESTE CURSO TEMOS NOVIDADES! UNHA NOVA PEPA ESTARÁ PRESENTE, A PEPA CORENTENA, QUE VELARÁ POLOS NOSOS LIBROS ATA QUE POIDAMOS UTILIZALOS.



COA AXUDA DO PROFE IVÁN MONTAMOS A BIBLIOTECA...




CARPETAS VIAXEIRAS

 XA TEMOS EN FUNCIONAMENTO AS CARPETAS VIAXEIRAS.

CADA SEMANA RECIBIREMOS OS VENRES UNHA CARPETA CON 5 LIBROS PARA LER AO LONGO DA SEMANA, DESTE XEITO CADA DÍA PODEREMOS LER UN CONTO DIFERENTE E DESCUBRIR NOVAS HISTORIAS.




SE CHOVE... QUE CHOVA

 COA CHEGADA DO OUTONO, O TEMPO VAI CAMBIANDO PASANDO DO SOL Á CHOIVA EN CUESTIÓN DE MINUTOS... 

PERO... SE CHOVE QUE CHOVA... NÓS SAÍMOS AO PATIO A DIVERTIRNOS NOS CHARCOS

















XOGAMOS CON REGLETAS

DESCUBRIMOS AS REGLETAS. 

XOGAMOS, CONTAMOS, CREAMOS CON ESTE MATERIAL QUE NOS AXUDARÁ A ADQUIRIR COÑECEMENTOS MATEMÁTICOS DUN XEITO LÚDICO.

















Preparamos as nosas fotos

  Nos primeiros días de cole, a profe Rosa fíxonos unhas fotos para renovar as que tíñamos da orla, xa que medramos moito! De un en un fómol...