Páxinas

domingo

Proba de ensino telemático

 Bos días, familias! 

O noso Plan de Continxencia, no marco do Plan de Adaptación á Covid-19, indícanos que temos que facer unha proba de ensino telemático durante o primeiro trimestre, en vistas de que nalgún momento teñamos que confinarnos e sepamos se todas as familias acceden á comunicación coa titora e os especialistas.

No noso caso utilizaremos o Blog e o correo da escola Choeira2 para este contacto. 

A tarefa é moi sinxela: 

As nenas e nenos terán que buscar obxetos pola casa con diferentes formas xeométricas (círculo, cuadrado, rectángulo,...) poñelo nunha superficie facendo unha composición e sacarlle unha foto, que teredes que enviar ao correo da escola poñendo no asunto Proba Ensino non Presencial e o nome da nena ou neno, según sexa o caso. 

Moitas grazas a todas e todos! 

Un saúdo, Rosa.


sábado

O día de Samaín

Ao fin chegou o día máis esperado... Estivemos toda a semana falando de qué nos iamos a disfrazar e como viñemos tan guapas e guapos, posamos no fotocall: 









Despois de xogar un pouco, e facer a asemblea, abrimos por fin o que nos deixaran colgado na biblioteca os trasnos do Samaín... 

No farolillo había un pergamiño, primeiro hipotetizaron sobre qué podía ser: 

Un mapa? 

Unha carta? 

Ata que o abrimos: Que é esto? 

Un panel do escornabot! 

A nosa compañeira Carmela, leeu as palabras que estaban no panel, que sorte que nos pode contar o que pon!


E no paquete non había unha tarta.... Era algo mellor!

Un conto terrorífico: 




E un bote con moitas cousas dentro! 

Metemos a man para coller e.... Que pringue!! 

Só hai que ver as nosas caras ao tocar o que alí había! 




















Pero a parte das boliñas, había outras cousas... Para que serían?





Pois para xogar co panel e o noso escornabot! 

Sacábamos un dos obxetos, e tíñamos que buscar a súa imaxe ou o seu nome no panel... e levar o escornabot ata esa casiña! 







Despois de facer esa actividade... Metemos as mans na masa! 

Tiñamos que rescatar os bechos que estaban atrapados na sangue coagulada...


























E ainda que comezamos coas pinzas... a verdade é que a algúns lles gustaba máis coas mans.



O profe Brais tíñanos preparada unha actividade fora... A busca do tesouro!

Ainda que non era un tesouro só, senón que tiñamos que atopar tarxetas con imaxes do Samaín, fixémolo como unha competición: Choeira 1 contra Choeira 2, ainda que o importante foi o ben que o pasamos buscándoas! 






Aquí o noso compañeiro facendo reconto... Ainda que as nenas e nenos de Choeira 1 colleron máis...


Cando voltamos á aula, fixemos as nosas apócemas:

Botamos un pouco de "pasta máxica con brilli-brilli"


Despois un pouco de auga... con moito coidado e concentrados:



Unhas gotas de cor:


E observamos a maxia!



Botamos polvos estelares, uns poucos de polvos máxicos e uns gatiños negros para darlle máis aspecto de Samaín...




O resultado encantounos! 



A profe Paula fíxonos tamén un taller de pinta-caras, mirade que guap@s:




E entre todas as actividades, aínda sacamos un tempiño para ver videos de Samaín.

Que terroríficos! 



E aquí estamos, xa listas e listos para ir para a casa, coa nosa apócema e cun sorriso de orella a orella despois da mañá tan divertida que pasamos! 







Samaín, ata o ano que ven! 




































MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...