Páxinas

luns

Primeira tarefa do noso Proxecto Documental Integrado

Dende a Pepateka nos chegou o conto "Mamá Bruce" no que un oso se convertía na mamá duns pequenos gansos e os levaba ao sur cada ano no inverno... De ahí parteu a tarefa, buscar lugares do noroeste de Galicia nos que podamos ir en familia a desfrutar e divertirnos.

Presentamos o mapa que vai ir viaxando polas escolas do CRA e no que iremos apuntando cada lugar que as familias propoñedes: 



Buscamos onde estamos nós:


E comezamos a marcar lugares aos que podemos ir:







Pero ese mapa non quedaba na Choeira2... así que fixemos un nós mesmos, con título e todo!


Buscamos na guía turística do noroeste de Galicia a que lugares nos gustaría ir: 




E por último, pegamos as fotos deses lugares no seu lugar do mapa:


Seguiremos traballando no mapa! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...