Páxinas

sábado

Preparamos cabazas coa profe Paula

Esta semana, a profe Paula contounos o conto "O noso Samaín" de Loretta Birott e Nuria Valdeón.

Deixovos un Video que resume o conto: 


Ademáis trouxo unhas cabazas súper chulas para facer os nosos farois e protexernos no Samaín. 

Aquí estamos traballando moito, uns sen problema ningún metían as mans e collían as sementes da cabaza...


Menudo pringue! 


A outros custoulles un pouco máis, xa que o interior da cabaza era moi pegañento e viscoso...


Algúns axudábanse de culleres para vacialas.


Despois tocou deseñar os nosos farois:



E este foi o resultado: Uns farois terroríficos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...