Páxinas

luns

Aniversario da nosa compañeira Area


En setembro cumpleu anos unha persoa moi especial... 

Tendo como inspiración a celebración da vida de María Montessori, colocamos un tapete co sol no medio (unha veliña led) e os meses en círculo, a nosa protagonista do día coa terra nas súas mans, empeza a dar voltas ao ritmo da canción: 

A terra dou unha volta ao sol, 
volta ao sol, 
volta ao sol,

A terra dou unha volta ao sol,
e Area cumpleu un ano!

Imos cantando e Area vai sumando anos e voltas ao sol, ata chegar aos 5 que cumpreu.

Tamén imos vendo na Pantalla a presentación coas fotos de Area nos seus cumpreanos que nos compartiu a súa familia (moitas grazas) e encantoulle verse de pequena e ver como foi cambiando.



Como vedes, tamén vai colocando os números dos anos que foi cumprindo.


Dámoslle un forte aplauso e felicitámola!


Parabéns Area! Que cumplas moitos máis e que che vexamos cumplilos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...