Bos días, familias!
O noso Plan de Continxencia, no marco do Plan de Adaptación á Covid-19, indícanos que temos que facer unha proba de ensino telemático durante o primeiro trimestre, en vistas de que nalgún momento teñamos que confinarnos e sepamos se todas as familias acceden á comunicación coa titora e os especialistas.
No noso caso utilizaremos o Blog e o correo da escola Choeira2 para este contacto.
A tarefa é moi sinxela:
As nenas e nenos terán que buscar obxetos pola casa con diferentes formas xeométricas (círculo, cuadrado, rectángulo,...) poñelo nunha superficie facendo unha composición e sacarlle unha foto, que teredes que enviar ao correo da escola poñendo no asunto Proba Ensino non Presencial e o nome da nena ou neno, según sexa o caso.
Moitas grazas a todas e todos!
Un saúdo, Rosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario