Páxinas

sábado

Actividades dos recantos

Cada día no xogo libre por recantos escollemos facer diferentes actividades: 

Nesta traballamos a organización espacial, tendo que colocar as pezas na mesma posición que na tarxeta modelo. 




Como nos encanta debuxar, gardamos quendas para facelo no encerado.




Cos vasos facemos murallas en equipo, un traballo de coordinación viso-manual, paciencia, equilibrio, respecto,...


Mentres, individualmente pasamos pola proposta obligatoria: os resaques Montessori facendo diferentes combinacións. 


E mentres, seguimos construíndo...


E debuxando!

Novo recanto na aula da Choeira2

Esta semana tivemos unha sorpresa: unha caixa cunha mensaxe moi importante que nos dicía:


Miramos dentro, con moito coidado e atopamos uns vermes! 


Cada día iremos recollendo neste caderno datos que nos parezan importantes, como por exemplo: cantas follas de moreira lles damos para que as coman, como son os seus ovos, os vermes,... 

8 de marzo. Día da muller do Noroeste.

Para conmemorar o Día da Muller recibimos un video dunha persoa que nos contaba cal era o seu lugar de traballo: 


e decidimos facerlle unha entrevista para saber máis sobre ela: 


O día 8 de marzo visionamos a entrevista, gustounos moito vernos na pantalla e despois debuxamos a Elena Ferro, rodeada dos seus zocos. 




Actividades varias

Cando nos toca ser encargados do día, seguimos facendo debuxos na pizarra. Este que fixo o noso compañeiro era moi interesante: un volcán, un láser e moitos camións de bombeiros para botar auga no volcán.


Durante o xogo libre xa vedes que todas as pezas de construción son poucas para crear infinidade de mundos.



Lectoescritura iluminada

Estes días temos letras e números translúcidos na mesa de luz para acodir libremente. 


Traballar a lectoescritura cos seus nomes é moi motivador para as nenas e nenos.


Despois incluso se animan co nome da profe... 

Realidade Aumentada co profe Iván

Este luns tivemos a nosa sesión de gamificación na que observamos o Sistema Solar grazas ao Cubo Merge.




Respectando a nosa quenda puidemos ver a Terra, o seu satélite: a Lúa e incluso a Estación Espacial Internacional xirando arredor do noso planeta. 

luns

Recantos de Entroido

Nos días de entroido tivemos un pouquiño de tempo para facer actividades por equipos: 

Completar a máscara de entroido: No que traballamos as simetrías.




Elaborar un antifaz con confetti: Desenvolvendo a nosa motricidade fina.


Facendo puzzles de antifaces: Traballando así a orde e orientación espacial.


Completar o antiface con diferentes cores e grafismos segundo os dados: Favorecendo a nosa grafomotricidade e creatividade.


Todos os equipos foron rotando e facendo as diferentes actividades. 














Feliz Entroido! 


Entroido na Choeira2

Durante o mes de febreiro estivemos preparando os nosos disfraces de astronautas, coma no resto do CRA.

E o día 25 de febreiro, puidemos cumplir a nosa misión espacial.


Cando chegamos á clase, despois de poñer os nosos traxes, a profe Rosa leeunos unha nota que apareceu na aula na que nos dicía que si queriamos conseguir un premio, tiñamos que buscar as pistas ata atopalo.

Así que nos puxemos mans á obra:




A primeira estaba no baño da Choeira.


A segunda na cociña do noso recanto da casiña.




A terceira atopámola no areeiro.




A cuarta estaba no calendario que utilizamos cada día.




E por último, na nosa biblioteca de aula, estaba o premio...

Queredes saber qué era? 


Un BINGO!

Ao que xogamos por parellas e nos divertiu moito!




Cando xogamos no recanto Fedello, decidimos construir o noso cohete espacial.

























Antes de acabar a xornada, quitamos unhas fotos no photocall que montou a profe Lorena:



E despois saímos coas nenas e nenos da Choeira1 a tirar confeti.




Ata o ano que ven, Entroido! 




VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...