![]() |
Para rematar o trimestre e dar comezo as vacacións de nadal pasamos unha xornada estupenda cos nosos amigos e amigas de Vinseira, Ledoño e Sésamo na escola.
Mirade que ben o pasamos:
Despedímonos de Sandra que nos acompañou durante este trimestre. Segue a súa andaina en maxisterio e seguro que pronto terá o seu sitiño nunha escola.
Moita Sorte e Grazas pola túa implicación, botarémoste de menos.
Vémonos pronto!
Neste mes tamén tivemos un calendario con propostas e xogos, cada día o encargado abría o sobre correspondente coa data. Atopamos diversas propostas:
-Coñecimos O arbusto típico do nadal e o seu significado: O Acebo.
- Preparamos a nosa árbore de nadal e uns adornos moi chulos.
- Desfrutamos dun contacontos moi especial con Dragona Ramona.
- Coñecimos ao Apalpador e elaboramos un xoguete de madeira con elementos que nos deixou agochados na aula.
- Escribimos unha postal as familias cun desexo para estas datas.
- Visionamos curtometraxes: "Remote", "Una carta más corta", "Lily y su muñeco de nieve", "El puercoespín en navidad" (YOUTUBE)
- Prácticamos a comer "as uvas" ao son das campás da porta do sol.
- Tivemos que conseguir un reto para ter unha doce recompensa: elaborar entre todos/as unha árbore de nadal con pezas soltas.
- Dimos a benvida ao inverno sentindo cos pés as cores frías ao son do Inverno de Vivaldi.
- ...
Durante os días de decembro tivemos dispostas na aula diversas propostas de aprendizaxe relacionadas con esta época do ano tan emocionante para as nenas e nenos!
O pasado venres celebramos o Magosto na Torre de Celas cas nosas amigas e amigos das escolas do CRA. Disfrutamos moito xogando a varios xogos popolares, comemos castañas asadas e tivemos un tempiño para explorar o entorno do lugar, unha xornada moi divertida!
A última semana de outubro estivemos moi atarefados (e tamén algo nervisillos) e con moitas ganas de que chegase o venres para disfrazarnos.
O pasado martes celebramos na Torre de Celas unha xornada de convivencia con toda a comunidade educativa. Foi unha xornada onde os xogos, ba...