Páxinas

xoves

CANTOS DÍAS FALTAN PARA A CHEGADA DO NADAL?

Neste mes tamén tivemos un calendario con propostas e xogos, cada día o encargado abría o sobre correspondente coa data. Atopamos diversas propostas:

-Coñecimos O arbusto típico do nadal e o seu significado: O Acebo.

- Preparamos a nosa árbore de nadal e uns adornos moi chulos.

-  Desfrutamos dun contacontos moi especial con Dragona Ramona.

- Coñecimos ao Apalpador e elaboramos un xoguete de madeira con elementos que nos deixou agochados  na aula.

- Escribimos unha postal as familias cun desexo para estas datas.

- Visionamos curtometraxes: "Remote", "Una carta más corta", "Lily y su muñeco de nieve", "El puercoespín en navidad" (YOUTUBE)

- Prácticamos a comer "as uvas" ao son das campás da porta do sol.

- Tivemos que conseguir un reto para ter unha doce recompensa: elaborar entre todos/as unha árbore de nadal con pezas soltas. 

- Dimos a benvida ao inverno sentindo cos pés as cores frías ao son do Inverno de Vivaldi.

- ...





Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...