Páxinas

venres

Boas Festas!

 

Dende a escola da Choeira 2 desexámovos unhas boas festas. 



Esperamos que nestes días podades estar todos en familia, desfrutando de momentos únicos coas persoas que máis queredes. 

Sen dúbida eso é o máis importante.


Para estes días de Nadal propóñovos unha serie de actividades, que si tendes algo de tempo e ganas, podedes facer e si queredes compartilo con nós podedes mandar algunha foto ao correo da aula que veremos á volta das vacacións.

- Cantar cancións de Nadal. 

Poden ser panxoliñas da nosa terra ou cancións máis modernas...

Deixovos unha lista de reprodución de Youtube con algunhas cancións en galego



- Facer algunha manualidade para agasallar a algún familiar.

Con liberdade de elección de materiais, soportes,... desenvolvendo a creatividade.


-Preparar galletas en familia.

É unha actividade moi completa na que podemos traballar tanto a lecto-escritura (mirando as letras que forman parte dos ingredientes) a lóxica-matemática (coas cantidades, a báscula,...) a psicomotricidade fina ao manipular a masa, a creatividade ao facer as formas das galletas ou ao adornalas... e o máis importante, facelo entre todos! 


-Xogar ao bingo en familia.

- Bailar baixo a luz da árbore de Nadal. 

- Seleccionar xoguetes para donar.

A solidaridade é un valor que debemos traballar dende todos os ámbitos da súa vida, por iso, falar con eles sobre estes temas e implicalos na procura dalgún xoguete que xa non utilizan para que outra nena ou neno poida xogar con él, é unha tarefa moi enriquecedora.

- Facer unha festa das cóxegas.

- Xogar a algún xogo de mesa en familia.

Se tendes a oca ou o parchís, xa podedes desfrutar xuntos durante un bo anaco.

- Investigar cómo se celebra o Nadal noutros lugares do mundo.

Esta actividade fai que tanto os adultos coma as nenas e nenos abramos a nosa mente a diferentes realidades e incluso se vemos algunha tradición que nos guste, podemos incorporala na nosa familia.

-Ler en familia. 

Podemos coller o seu conto favorito, ou outro que nos apeteza, e sentarnos todos a escoitar o conto en familia.

-Cociñar xuntos.

Con esta actividade podemos traballar moitos aspectos, como coa proposta das galletas. Ademáis, se durante estes días facemos varias recetas, podemos incluso facer un recetario no que cada nena e neno escribirá os ingredientes, cantidades,.... podemos incluso facelo de maneira dixital e engadir fotos, imprimir e facer o noso recetario de Nadal.

- Mirar xuntos fotos de cando éramos pequenos.

Momentos de calidade no que recordamos cando éramos pequenos coma os nosos fillos e fillas, para conectar coa nosa parte máis infantil e poder disfrutar desta época do ano tan chea de maxia como o fan eles e elas. Ademáis, gustalles moito saber que as súas nais e pais tamén foron pequenos coma eles.

- Ensinarlles a xogar a algo que vos gustaba de pequenos.

Na mesma liña que a actividade anterior, compartir cos nosos fillos e fillas esos xogos, fai que nos unamos máis a eles se cabe.

- Facer unha sesión de fotos de Nadal caseira. 

Poñer as nosas mellores galas e coa cámara en disparo automático facer fotos con todos os membros da familia, que quedarán para sempre coma recordo destes días xuntos.

- Deixarlles que un día escollan eles o que queren facer.

Favorecer a súa autonomía e a súa capacidade de decisión, sempre é importante.

- Facer videochamadas cos familiares que están lonxe de nós. 

Esta actividade hoxe en día forma parte da nosa rutina, debido á situación que estamos a vivir. É un recurso do que nos podemos servir para conectar con xente que queremos, pero coa que non podemos estar nestas datas.


Recordade que o máis importante é pasar tempo de calidade coas nosas fillas e fillos, 
é o agasallo que máis van a desfrutar e atesourar na súa memoria.




O último día de clase

E chegou o último día antes do descanso de Nadal.

Foi un día moi intenso con moitas emocións.

Chegamos todas e todos coa nosa vestimenta máis navideña, xogamos, bailamos e cantamos.

Tamén recibimos o video dunha persoa moi especial: a profe Raquel, que nos felicitou as festas de Nadal e díxonos que ten moitas ganas de vernos, nós tamén a ela!! 


Ademáis, tal e como podedes ver no blogue da Pepateca, vimos o noso telexornal no que dous dos nosos compañeiros foron presentadores e fixérono xenial! 



Despois vimos o festival de Nadal que fixemos todas as escolas do CRA, encantáronnos todas as actuacións! 









E por último, tamén foi un día para despedirnos da nosa profe Paula. Estas datas teñen momentos agridoces, e este é un dos máis difíciles. 

Durante este trimestre fostes o noso apoio, a nosa debuxante particular, a nosa mestra, con todas as letras.



Pero ata o día que se iba, nos fixo un agasallo a cada un de nós. Grazas profe! 




























Moitas grazas por todo, profe Paula, querémoste moito e ímoste botar moito de menos! 



 

Contamos

Estas actividades de conteo e recoñecemento da grafía gústanlles moito.

Ademáis de verbalizar o que se ve na tarxeta (linguaxe oral), se engadimos a práctica da psicomotricidade fina ao poñer a pinza no número correspondente, é unha actividade moi completa. 
















 

Eu no Nadal

Na última semana de clase pintamos as nosas fotos como se estivésemos no Nadal, cunha árbore ao noso lado, gorros de Papá Noel, coroas, agasallos,... E sempre respectando a nosa creatividade e ideas, desta maneira ningún traballiño era igual a outro, coma nós, que somos únicos! 









 

Pintamos as fiestras da escola

Unha actividade que lles encanta é pintar nas fiestras, así que coas ceras especiais e co a única premisa de debuxar algo relacionado co Nadal... Puxéronse mans á obra e deixamos as fiestras preciosas! 














 

Recantos de Nadal


Como xa vimos facendo nalgunhas sesións, preparamos a aula por recantos, cada mesa cunha actividade e as nenas e nenos van rotando para pasar por todas. 

Neste caso son actividades relacionadas co Nadal: 

Facer unha paisaxe de Nadal, moi colorida coas pezas soltas e unha base de espello.
Puzzles numerados con imaxes do Nadal.
Bingo.
E un Memory.
































 

MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...