Páxinas

venres

Clasificacións de Nadal

Estes días de decembro tamén estivemos facendo algunha actividade en gran grupo: 

Clasificamos obxectos relacionados coa festividade segundo a súa cor. 
Cada nena e neno tiñan dúas tarxetas e por quendas tiñan que verbalizar a cor e poñela no seu lugar correspondente. 










Tamén fixemos outra clasificación: Segundo as familias de palabras.

Tiñamos varias temáticas: Prantas, Alimentos, Adornos, Persoaxes, Instrumentos, Animais,...

Cada nena e neno tiñamos dúas tarxetas e iamos verbalizando a palabra e a onde pensábamos que pertencía.




Cando rematamos contamos cantas tarxetas tiña cada colección. Os adornos gañaron por goleada, pero é que nesta época é o que toca! 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...