Martiño e Testa deixáronnos unha serie de preguntas para experimentar coa gravidade, así que o profe Iván trouxonos materiais para facelo e puxémonos mans á obra.
Nesta caixa había un cohete espacial cun clip, como podíamos facer para que subira?
Pois cun imán!
Entre a bóla de imán e a pluma, cal caerá antes ao chan?
Sen dúbida era a bóla, pero, e se non houbera aire na nosa aula? Que pasaría?
O profe Iván ensinounos un experimento no que amosaba que sin aire, caen as dúas cousas á vez.
Esto é debido ao aire que nos rodea, pasa o mesmo cun paracaídas, cae máis despacio porque se enche de aire.
O noso astro, o Sol, ten un campo magnético que fai que os planetas que o rodean sigan unha traxectoria
Qué interesante está sendo aprender sobre o espacio e axudar a Martiño e Testa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario