O último día de novembro a profe Paula preparounos uns recantos sensoriais nos que o pasamos xenial!
Tiña preparado en cada mesa o que tiñamos que facer, así que rápidamente nos colocamos en equipos e fomos pasando por cada recanto.
Nun recanto tiñamos que pintar estampando con diferentes esponxas...
Noutro recanto, coa axuda da profe Paula, creamos unhas bolsas sensoriais:
Outro recanto era de psicomotricidade fina: poñer os cordóns aos zapatos!
E no último, un recanto sensorial no que tiñamos que recoñecer mediante o olfato, diferentes alimentos.
Para rematar, xogamos co slime... o que nos gusta o pringue a nós....
Ningún comentario:
Publicar un comentario