Páxinas

luns

A PONTE

Coa chegada do mes de Novembro fixemos un visionado dunha curta moi especial "EL PUENTE".


Esta curta traballámola coa finalidade de buscar solucións non violentas incidindo así no día internacional contra a violencia (25 de Novembro). 

Qué podemos facer para que pasen tanto o cervo como o oso?

GABRIELA: A lo mejor podrían ponerse unos zapatos con muelles.
NEREA: Se tiene que poner los zapatos con muelles el ciervo que es más alto.
MATÍAS: Se ponen un muelle en el pie con fiso.
GABRIELA: Puede ir uno para atrás y así se dejan pasar.
ÁFRICA: Si pasan y se ponen unas botas que yo tengo en mi casa pueden saltar.
GABRIELA: Pero el puente se puede romper porque es de madera.
ANTÓN B: Se cayeron porque eran muy malos.
MIGUEL: El conejo y el mapache hicieron un trabajo en equipo para tirarlos.
NEREA: Hay que pedir por favor, puedo pasar?
ÁFRICA: porque a mi madre le pido un vaso de agua por favor.

Tamén reflexionamos sobre os momentos nos que sentimos ganas de pegar (aínda que non o facemos porque sabemos que nunca está ben recurrir á violencia):
MATÍAS: si me pegan.
NEREA: Cuando me dan una patada.
MATÍAS: cuando me van a empujar
NEREA F.: Si alguien hace ruidos.
MATÍAS: Cuando me molestan.
NEREA: Cuando no quiern jugar conmigo.
MATÍAS: Cuando me sacan las cosas de las manos.
ÁFRICA: Si alguien me pega.
NEREA: Cuando me estropean algo que estoy haciendo.
MATÍAS: Cuando está un ladrón por ahí me dan ganas de pegarle para que suelte el dinero.
SAÚL: Cuando me agarran del cuello.
ENTÓN... ANTE ESTAS SITUACIÓNS O QUE SINTO É ENFADO
por iso debemos respirar e tranquilizarnos antes de tomar decisións que nos fagan recurrir á violencia e buscar outras solucións:

- Pedir por favor que no me peguen... o no den una patada...
- Ir a jugar con otros amigos/as...
- Pedir por favor que me devuelvas las cosas y decirle donde puede conseguir otras...
- Te lo dejo un rato pero luego me lo das...
- Por favor, no me lo destruyas... ¿mejor me ayudas?

NON UTILICES A VIOLENCIA 


 

O CACO DE PEPA

Xa superamos o segundo reto!!!!

Esta vez o CACO DE PEPA púxose en contacto con nós mediante unha locución radiofónica na que nos propoñía facer “ARTE CON CIENCIA”.
Para elo o profe Iván trouxo diversos materiais cos que combinados deron lugar a unhas fabulosas obras de arte.




Para facer estas obras de arte dividímonos en 3 grupos (cangrexos, pingüinos e formigas) e completamos o noso itinerario de actuación e a orde de intervención.

E así, procedimos a facer esta obra de arte tan científica.

Primeiro nun prato con leite botamos colorante alimenticio vermello, azul e amarelo.



















Despois cun pouco de fregapratos tocamos estas cores o que fai que se expanda a graxa e as cores "escapen" formando as seguintes formas...

 

 


Agora só temos que enviarlle un correo electrónico ao CACO DE PEPA coas fotos para que poida comprovar que 

SUPERAMOS O SEGUNDO RETO!!!!!



 

O CACO DE PEPA

PRIMEIRO RETO SUPERADO!!!

Recibimos o primero reto da man do profe Iván, nesta ocasión o caco envioulle un correo no que dicía que tiñamos que superar 24 probas, pero dábamos unha marxe: a máis pequena da clase debería lanzar uns dados e a suma de ambos serían o número de probas que podríamos fallar 




E un a un fomos superando uns retos e outros non, pero sempre en equipo!!









E ao final... O CONSEGUIMOS!!!!!











KINEGRAMAS

Descubrimos os Kinegramas e cómo unha imaxe pode aparentemente cobrar vida se lle poñemos unha "persina" tal e como dixeron os nenos e nenas da nosa aula.
O día anterior na excursión á Sede Afundación coñecimos un cadro puzzle, e en función de se tapamos unha parte do cadro ou outras observamos cosas diferentes, deste modo o funcionamento dos kinegramas é similar, a imaxe non se move, o que pasa e que en función de qué parte do debuxo tapamos coa "persiana", vemos a imaxe en diversas posicións, que se as movemos de xeito continuado da lugar a esta abraiante ilusión óptica.
O proceso a seguir foi...

1º Qué é o que sale nestes debuxos???
unos donuts, un gato, un elicóptero, un trompo













2º Cómo podemos facer para que se movan?


3º Agora poñemos a "persiana"


4º Experimentamos 


5º descubrimos e compartimos coñecementos



EXCURSIÓN MUSEO

Visitamos a Sede Afundación e Abanca onde se expoñen diversas obras de arte, sobre todo en pintura e descubrimos que a música tamén a podemos pintar, polo que fixemos un obradorio e unha visita a algunhas das pinturas do museo.

Ademáis buscamos a nosa avioneta PEPA xa que por momentos parecía que iamos atopar a obra de arte que nos roubaron, pero non houbo sorte... haberá que seguir buscando...

Así foi a nosa xornada!!



O CACO DE PEPA NOS ENVÍA UN MAIL

Esta semana recibimos notocias novas do CACO DE PEPA, esta vez enviounos un mail no que nos dicía que pronto chegará o primiero reto a superar, pero antes teríamos que traballar XOGOS DE AZAR



Os xogos que nos propuxo foron:

BINGO



CARA OU CRUZ



DADOS



RULETA









STOP MOTION

Tras coñecer o corto de Tim Burton "FRANKENWEENIE" descubrimos que o Cine válese doutras artes para poder levar a acabo películas deste tipo. Neste caso vimos que a fotografía e a escultura están presentes en todo momento para que obxectos inanimados parezan tomar vida.

Tras preguntarlles cómo credes que se fixo esta película, e aprotar a súa dose de imaxinación, xa que moitos contestaron que eran bonecos máxicos, vimos que existe unha técnica STOP MOTION, a través da cal parecen tomar vida propia, traballando así a REALIDADE VS FICCIÓN.

A nosa primiera aproximación a esta técnica aquí a podedes ver.



ANTÓN BERGONDO "El día que se comieron a Luís"




MIGUEL "O carameliño sen cor e sen sabor"




NEREA FIGUEIRA "En familia"




CARMEN "El monstruo Tristón"




MATÍAS "El día que se comieron a Luís"




GABRIELA "Uxía muda de casa"





MAGOSTO 2018

Un ano máis os nenos e nenas co C.R.A. celebramos o Magosto na Torre de Celas, e aínda que a xornada anteriror parecía que non se podería facer polo mal tempo acontecido, tivemos un marabilloso día que disfrutamos do lindo facendo xogos tradicionais e comendo castañas.


Aquí vos deixamos o video do ben que o pasamos!!!!



QUÉN QUERE CONTAR UN CONTO???

Dende fai un par de semanas os nenos e nenas da nosa aula son os protagonistas á hora de contar un conto. Cada día (se queren) poden elexir un libro da nosa biblioteca de aula e contarlle as súas compañeiras e compañeiros un conto. 

Como veredes, o non saber ler non é un inconvinte xa que poden recurrir á súa imaxinación e fantasía para verbalizarlos, traballanda así a linguaxe.

Ilustración de los niños



MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...