Páxinas

luns

TAREFA INTEGRADA LÓXICA

NA ÚLTIMA TAREFA DO SEGUNDO TRIMESTRE INDAGAMOS SOBRE A CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS DIVIDINDO ENTRE INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS, QUE SE DIVIDEN Á SÚA VEZ EN 5 GRUPOS: MAMÍFEROS, PEIXES, AVES, ANFIBIOS E RÉPTILES.


NA CHOEIRA 2 FIXÉMONOS EXPERTOS E EXPERTAS EN ANFIBIOS E CO XOGO CONCEPT KIDS DESCRIBIMOS AS CARACTERÍSTICAS DUN DELES... SAL SERÁ????

ADIVIÑA


SOLUCIÓN


SE QUEREDES VER AS ADIVIÑAS DE TODAS AS ESCOLAS PREMEDE AQUÍ


domingo

TAREFA INTEGRADA: O OÍDO

OS 5 SENTIDOS FAN QUE ESTEAMOS EN CONTACTO PLENO CO NOSO CONTORNO.

POR ISO PARA COMPLETAR ESTA TAREFA TIVEMOS QUE ELIXIR UN DESTES SENTIDOS E IDEAR UN XOGO PARA PROPICIAR A SÚA ESTIMULACIÓN. NA CHOEIRA 2 ELIXIMOS O OÍDO, E O XOGO QUE IDEAMOS TAMÉN É PARA VÓS... 

SEREDES CAPACES DE RECOÑECER QUEN DI OLA????


SE QUEREDES VER OS XOGOS DE TODAS AS ESCOLAS PREMEDE AQUÍ

venres

AVENTUREIRA SABELA CHEGA A AUSTRALIA

 AVENTUREIRA SABELA ENVIOUNOS UNHA POSTAL DESDE AUSTRALIA CUN ANIMALIÑO MOI SORRINTE E QUE A TODOS E TODAS NOS ENCANTOU... UN QUOKKA!!!!!



COAS COORDENADAS QUE LLE ENVIAMOS SABELA CHEGOU Á ILLE DE RENE E DESDE ALÍ NOS ENVIOU UN VIDEO PARA CONTARNOS QUE COÑECEU UN SURFISTA QUE LLE DIXO QUE O TESOURO O LEVARON O ANI PASADO A XAPÓN PARA CELEBRAR UNHA FESTA MOI IMPORTANTE, PERO QUE POR CULPA DO CORONAVIRUS NON SE PUIDO CELEBRAR.



ASÍ QUE SABELA, NON O DUBIDOU E PÚXOSE RUMBO A XAPÓN!!!!
TARDARÁ 15 DÍAS EN CHEGAR!!!!





SE QUEREDES VER MÁIS PREMEDE AQUÍ


 

domingo

DÍA DA POESÍA

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA O 21 DE MARZO CUNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS PROPOSTAS POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA EQ UE VIÑA ACOMPAÑADA POLO LIBRO DE POESÍA "ARBOLIDADES".


CADA UNHA DAS 5 ESCOLAS DO CRA DE CULLEREDO ELABOROU UNHA POESÍA QUE ANIMOU COA APP SCRATH JR. COMPAXINANDO ASÍ O PENSAMENTO LITERARIO E O PENSAMIENTO COMPUTACIONAL.


FELIZ DÍA DA POESÍA!!!!

PARA VER O ASOMBROSO RESULTADO DESTA TAREFA PREMEDE AQUÍ


luns

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER FACENDO UNHA HOMENAXE A 5 MULLERES.




ISABEL ZENDAL, SOFÍA CASANOVA, CELIA RIVAS, MARÍA CARDARELLY E ÁNGELES ALVARIÑO FORON 5 MULLERES GALEGAS PIONEIRAS NOS SEUS ÁMBITOS.

NUNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS PROPOSTAS POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA AO LONGO DESTE TRIMESTRE INDAGOU SOBRE UNHA DESTAS 5 MULLERES FACENDO UN VIDEO CON DATOS DELAS. DESPOIS DE VER OS VIDEOS XOGAMOS A VERDADEIRO OU FALSO. ATREVÉDESVOS A XOGAR? PREMEDE AQUÍ!!!!!


NON QUEREMOS SUCIEDADE NO PATIO

DESDE FAI UN TEMPO ESTÁN APARECENDO NO PATIO DA NOSA ESCOLA CACAS DE ANIMAIS E SUCIEDADE QUE FAN QUE OS NOSOS MOMENTOS DE ESPARCEMENTO NO EXTERIOR SE VEXAN ALTERADOS.

MOITOS DÍAS TIVEMOS QUE ACOTAR PARTE DO PATIO PARA PODER XOGAR E NON ENSUCIARNOS, POLO QUE ESTIVEMOS BUSCANDO SOLUCIÓNS AO NOSO PROBLEMA E DECIDIMOS FACER UNS CARTEIS.

ESPERAMOS QUE XURDA EFECTO...


















domingo

SABELA NO TAJ MAHAL

SABELA ENVIOUNOS UNHA POSTAL DESDE A INDIA E UN VIDEO DESDE O SEU HOTEL NA INDIA.



GUSTOULLE MOITO O NOSO VIDEO ONDE LLE ENVIAMOS COMO FACER A COR LARANXA E A VERDE DUN XEITO NATURAL.

SABELA ESTIVO PRACTICANDO IOGA COA YOGUINI MIRA E CONTOULLE QUE O TESORUO XA NON ESTABA ALÍ, SENON QUE NO ANO 2000 VIAXARA A SIDNEY EN AUSTRALIA.

ASÍ QUE SABELA PUXO RUMBO AO SEU NOVO DESTINO: AUSTRALIA!



ESTA VEZ TARDARÁ 15 DÍS EN CHEGAR... COMEZAMOS A CONTA ATRÁS



SE QUEREDES SABER MÁIS PREMEDE AQUÍ


BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...