Páxinas

xoves

CARPIÑO: SEGUNDA MISIÓN

Recibimos unha mensaxe de Carpiño, e con ela a rede pantasma.



Estas redes constitúen unha ameaza nos mares, pero gracias ao Ecopoder de Lara a Peixe Espada, poderá escapar.


Nós decidimos darlle unha segunda vida a esta rede e concienciarnos no coidado do Medio Ambiente.




E así conseguimos superar esta segunda misión!!!



Podedes ver todo o proceso no premendo AQUÍ




mércores

CARPIÑO: SEGUNDA MISIÓN

Unha nova mensaxe de Carpiño chega á nosa aula!!!!







E con esta mensaxe chega a SEGUNDA MISIÓN, e unha carta das ECOAMEAZAS: as "Redes Pantasma".


Recibiremos unha rede na aula para facer un recanto de natureza, e debemos decorar unhas pinzas para colgar nela fotos, debuxos ou recortes que valoren a importancia da contorna.












martes

TORMENTA

Cómo seremos capaces de combatir nós ao cambio climático se non sabemos non quén é?????

Paxi, un amigo de Tormenta nos enviou un vídeo para que saibamos quén é e en que consiste.




Ao longo do ano imos pasando por diferentes climas que anotaremos nunha táboa e así saberemos se "Cambio Climático" anda a facer das súas.


Pero tras ver o video descubrimos que os propios humanos están axudando a este Supervillano, eso fainos sentir mal e pensamos que tamén podemos combatilo con diversas accións que poden axudar ao noso planeta.




Así que xa saberes... Usade os vosos poderes para combatir ao CAMBIO CLIMÁTICO, nas vosas mans está acabar con el.



TORMENTA

Unha nova superheroina acudiu á Choeira para axudarnos a salvar ao planeta.

Esta vez enviounos unha carta e ao abrila topamos un texto e uns papeliños nos que había debuxos e palabras.


Ainda que queríamos saber quen mandara esta carta, non aparecía o seu nome no texto, pero para descubrilo deberíamos colorear a parte debuxada dos papeliños e ordealos como se fose un puzzle.



Pouco a pouco fomos ordeando o texto e descubrimos quen era a Superheroína...




 E así foi como descubrimos que esta vez TORMENTA acudiu na nosa axuda para salvar ao planeta Terra.

Tormenta é unha superheroína que ten o poder de manexar o clima, pero últimamente atopouse cun supervillano chamado CAMBIO CLIMÁTICO e nós, as nenas e os menos da Choeira 2 temos o poder para combatilo, pero... Cómo?????






venres

CIRCUITOS ESCORNABÓTICOS

Xogar a aprender cos escornabots é algo que na nosa aula gustanos facer. 

Por iso propuxemos a actividade de facer circuitos para que estes robots andivesen tendo que estimar canto andan para poder facelos.

Aquí vos deixamos os circuitos e os esconabots andando por eles.






xoves

DESDE ENTONCES ATA AGORA

A familia de Iria nos axudou a descubrir cómo se creou a vida no noso planeta. Para elo nos trouxeron un libro moi interesante titulado "DESDE ENTONCES HASTA AHORA".


Chus, a nai de Iria, nos contou o libro ao revés: "desde agora ata entonces", e pouco a pouco fomos vendo o que pasou antes:


Deste xeito vimos que cando se formou o planeta Terra, só había volcáns, e os gases invadían o planeta. Hoxe en día aínda que existen volcáns, a maioría non teñen tanta actividade como fai millóns de anos, pero... podemos facer un volcán na nosa aula??? por suposto que sí!!!!


Da súa viaxe en familia a Tenerife nos trouxeron rochas dun volcán chamado Teide e na nosa aula fixemos erupcionar un.




Tras este experimento, coloreamos por equipos un volcán que despóis vimos erupcionar utilizando a App Quiver de Realidade Aumentada.



GRAZAS CHUS POR AXUDARNOS A SEGUIR DESCUBRINDO E APRENDENDO!!!



domingo

sábado

MANDALAS

Por parellas fixemos Mandalas con diferentes elementos cos que contamos na aula.

O traballo resultou todo un éxito!!! 

Tiveron que ponerse dacordo para facelos, trabajando así en equipo e de xeito cooperativo, ademáis de favorecer a atención, a concentración, a creatividad e a imaginación.

Estes foron os resultados:

BREIXO e CARMEN



AITANA e ALMA



ANTÓN B e OLIVER



IRIA e LUCAS



CARMELA e ANTÓN L



NOA e PABLO





CARPIÑO: PRIMEIRA MISIÓN

Recibimos unha nova mensaxe de Carpiño!!!!





E viña acompañada da PRIMEIRA MISIÓN, a primeira carta das ecoameazas: O RUIDO, que afecta a todos os animais que viven no mar.


Dun megáfono e un libro


O primeiro que fixemos foi pensar en mensajes ecolóxicas e despois dicilas polo megáfono co fin de que todos e todas se enteren do noso compromiso co cordado do noso planeta.

As podedes escoitar no blogue da PEPATECA, premendo AQUÍ

Tras superar a primeira misión, cariño envíanos o selo para poñer nas cosas credenciais. 

Qué ilusión!!!!



BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...