A segunda tarefa que recibimos para realizar na aula foi a relacionada coa "Arte Gastronómica" e por elo viña acompañada do libro "COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO", un libro que pon en funcionamento os cinco sentidos.
Falamos dos nosos gustos en canto a sabores e alimentos e relamímonos con cada receita das que aparecen no libro.
Falamos dos nosos gustos en canto a sabores e alimentos e relamímonos con cada receita das que aparecen no libro.
De todas as receitas que no libro atopamos, decidimos facer os ósos de chocolate tan apropiadas nestas datas.
Así que unha vez que sabíamos todo o que debíamos traer, puxémonos Mans á masa e colocamos todos os utensilios e os ingredientes.
Agora tocaba ler para saber os pasos que debíamos seguir.
O primeiro era cubrir coa crema de cacao as obleas
Mentres tanto, outros encargábanse de preparar o chocolate
E outros colocaban os usos xa partidos nos platos e a fonte
Agora só quedaba cubrir os nosos ósos con chocolate e esperar a que enfriase.
Esperamos con moita impaciencia pero ao final poidemos comelos... e non sobraron non as migas.
Aquí vos deixamos a receita por se a queredes facer nas vossas casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario