Ao longo destes días foi aparecendo na nosa escola o espírito do SAMAÍN.
Decoramos a aula e as cabazas e escoitamos cancións desta celebración.
Pero como en días anteriores recibíramos a mensaxe de Batman, decidimos facer morcegos tan característicos destas datas.
O día da celebración na nosa escola, o mércores 30, fixemos unha excursión á Torre de Celas e alí escoitamos un conto de tres "Esqueletos Divertidos", xogamos e comimos castañas xa que amén celebramos o Magosto.
Aínda que nos gusta moito esta celebración, pasamos un pouco de medo coas personaxes que foron aparecendo...
Próximamente teredes o video colgado no blogue do CRA de Culleredo!!
Para ver o video premede AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario