Páxinas

sábado

EQUIPOS COOPERATIVOS

Tal e como nos dixera Superman no video, empezamos a facer os nosos equipos e así ter máis poder.

Carmen, Antón L. e Aitana foron os encargados de facelos por ser os maiores do grupo.


Ao longo desta semana fomos pintando os nosos uniformes de superheroes e superheroínas e facendo os nosos planetas, para elo deberíamos poñernos dacordo na cor que queríamos utilizar.




E despois xa só quedaba poñerlle un nome:

PLANETA PLASTILINA: de cor verde, del proveñen SUPEROLIVER, SUPERANTÓNL, SUPERALMA E SUPERÁFRICA.

PLANETA PARQUE: de cor amarela, del proveñen SUPERBREIXO, SUPERLUCAS, SUPERCARMEN, SUPERIRIA E SUPERCARMELA.

PLANETA SUPERBRILLANTE: de cor rosa, del proveñen SUPERAITANA, SUPERPABLO, SUPERANTÓNB, SUPERAREA E SUPERNOA





Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...