Páxinas

martes

CARPIÑO

O pasado venres, o profe Iván recibiu unha mensaxe moi especial!!! Era nin máis nin menos que do "CACO DE PEPA", que ao ver un anuncio de alguén que buscaba axuda, acordouse de nós e propúxonos un xogo para descubrir quén era o que nos necesitaba de para desempeñar esta misión.



Para ver o video pinchade AQUÍ

Esta vez O CACO DE PEPA preparounos un BREAKOUT para descubrir esta personaxe.

A primeira misión tal e como nos dixo, estaba no noso baño.



Pero non ía ser nada fácil, xa que a mensaxe viña oculta e tivemos que descubrir cómo descifrala.



Entón descubrimos que a seguinte pista estaba na biblioteca de aula xunto cos libros de investigación.


E resolvendo as definicións descubrimos donde se atopaba a seguirte pista: NA ÁRBORE.




Neste caso coa axuda dun filtro vermello, descubrimos onde atopar a seguinte pista: No plano da Nosa aula.



E alá fumos á biblioteca, onde por fin topamos a pista definitiva que nos ía desvelar que precisaba da nosa axuda.



Pero se pensabades que esto terminaba aquí, ainda quedaba por escanear un código QR que enlazaría cunha mensaxe moi especial.



E así descubrimos a CARPIÑO. Vimos o video e comprometémonos a axudalo.


Se querelles ver o video premede AQUÍ




Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...