O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e fumos ao horto.
Pasamos un gran día!
O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e fumos ao horto.
Pasamos un gran día!
A primeiros de xuño visitamos a exposición "A Táctica do Colibrí" na Fundación Luis Seoane. Durante a visita realizamos un obradoiro cunha ceramista profesional. As nosas creacións forman parte dunha das salas da exposición.
O alumnado da UDC, grao de Educación Infantil" convidounos a desfrutar dunha instalación sonora titulada "Viaxe espacial: unha experiencia creativa sensorial con nenos e nenas de Educación Infantil" .
Este ano para conmemorar o Día do Libro elaboramos un booktrailer do conto "Unha eiruga moi larpeira".
Ademais, durante a semana tivemos convidadas moi especiais no momento do conto! Mil gracias por compartir o voso tempo con nós!
Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fotografía.
Ao rematar tivemos un ratiño de lecer no xardín de Mendez Nuñez!
Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a través de algunhas obras do museo.
Inspirados no conto "Sopa Verde" pasamos unha xornada chulisima no pavillón de Almeiras con todos os compis do CRA.
"A árbore da Paz" é o nome da nosa intervención por este día. Colgamos botellas cheas de mensaxes, momentos, historias de paz na nosa árbore do patio!
Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así hábitos da vida práctica, autonomía, responsabilidade, motricidade fina, contidos lóxico matemáticos, búsqueda de estratexias, educación saudable....
O luns recibimos unha bonita sorpresa ao chegar á escola, alí tamén nos deixaron agasallos. Non sabemos se foi Papá Noel, O Apalpador ou os Reis Magos.
O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...