Páxinas

martes

TORMENTA

Unha nova superheroina acudiu á Choeira para axudarnos a salvar ao planeta.

Esta vez enviounos unha carta e ao abrila topamos un texto e uns papeliños nos que había debuxos e palabras.


Ainda que queríamos saber quen mandara esta carta, non aparecía o seu nome no texto, pero para descubrilo deberíamos colorear a parte debuxada dos papeliños e ordealos como se fose un puzzle.



Pouco a pouco fomos ordeando o texto e descubrimos quen era a Superheroína...




 E así foi como descubrimos que esta vez TORMENTA acudiu na nosa axuda para salvar ao planeta Terra.

Tormenta é unha superheroína que ten o poder de manexar o clima, pero últimamente atopouse cun supervillano chamado CAMBIO CLIMÁTICO e nós, as nenas e os menos da Choeira 2 temos o poder para combatilo, pero... Cómo?????






Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...