Páxinas

luns

EXCURSIÓN AO PARQUE DE BOMBEIROS

O pasado martes 21 de Xaneiro fomos visitar o parque de Bombeiros da Coruña. Alí dous bombeiros, que ademáis son o pai e o tío de dous alumnos do CRA de Culleredo, nos ensinaron toda a vestimenta que eles utilizan cando teñen que ir apagar algún incendio. Tamén nos ensinaron o número ao que debíamos chamar en case de incendio e o que facer en caso de incendio. Ademáis subimos a un camión de bombeiros, visitamos o seu ximnasio, a sala de control e lazamos auga coa mangueira!!!!

Dende logo que debemos agradecerlles enormemente o ben que o pasamos e o cariño mostrado por todos eles.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O Magosto no CRA

Esta semana estivemos preparando a festa do Magosto, todos emocionados xa que íamos a ir de excursión en autobús!  Foi unha semana moi espec...