E xa chegou o día no que a profe Rosa se despide destas pequenas e pequenos.
Durante todos estes meses estivemos aprendendo os uns dos outros, acompañándonos neste proceso e axudándonos a superar todos os obstáculos que nos atopamos polo camiño.
Estou moi contenta por poder coñecer o voso colexio e estar con vós cada día, recordareivos sempre!
E para que vos acordedes de min, prepareivos uns detalliños para que os desfrutedes coa vosa familia e amigos:
(Os pompeiros sempre son un acerto)
E a vós, ás familias, agradecervos a vosa acollida, a vosa comprensión e implicación en todas as actividades.
Moitas grazas a todas e todos, pero especialmente ás nenas e nenos da Choeira2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario