Páxinas

mércores

Actividade sensorial

As actividades sensoriais son imprescindibles para o desenvolvemento das nenas e nenos, xa que mediante os sentidos perciben o mundo no que viven. 

Desta maneira, ofrecendo experiencias sensoriais que impliquen varios sentidos (o tacto, a vista, o olfato,...) conseguimos que o seu cerebro vaia facendo conexións necesarias para crear coñecemento.

Por riba de todo esto está a actividade libre de cada nena e neno, eles mesmos escollen que materiais utilizar e experimentar á súa maneira, segundo as súas capacidades.




Cando foi a hora de saír ao patio, trasladamos a actividade ao aire libre, e uníronsenos os compañeiros da Choeira1. 




Acabamos un pouco mollados, pero o importante é todo o traballo que estivemos facendo para favorecer a nosa aprendizaxe e capacidade de experimentación, a motricidade fina,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...