Na última tarefa do trimestre do noso PDI tiñamos que representar unha festa típica do Noroeste... E como a profe Rosa é das rías baixas, ensinounos unha festa moi especial que se leva a cabo por aquela zona:
A Festa da Dorna!
Durante uns días estivemos preparando a nosa embarcación:
Eleximos o nome da nosa Peña Dorneira, fixemos o deseño para a nosa camiseta e decorámola:
Tamén decoramos o noso dispositivo para voar no Voo sen Motor:
E a Carrilana que iamos utilizar no Jran Prix:
Xa estamos preparados para o gran día!
Neste video podedes ver todo o que fixemos nese día, grazas á colaboración do profe Brais:
Ningún comentario:
Publicar un comentario