Para darlle a benvida á nova estación, realizamos a seguinte actividade sensorial:
Primeiro houbo un pouco de misterio, xa que a profe Rosa tiña preparados uns materiais enriba das mesas: vasos con auga e pipetas, caixiñas cheas de sal e pratos.
Despois, por parellas tiñamos un globo cheo de algo duro... non sabíamos qué era e comezamos a hipotetizar. Ao tocalo, notábamos que estaba frío, moi frío, así que seguro que era xeo...
A continuación, a profe cortou os globos e, efectivamente, era unha bóla de xeo, pero.... había algo dentro!
Eran flores!
Tiñamos que facer unha tarefa de rescate, simbolizando o paso do frío ao tempo máis caluroso e no cal as flores e árbores florecen.
Así que collemos a sal e máis a auga e alá fomos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario