Páxinas

sábado

BBILIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de aoutubro celbrouse o "día da biblioteca", e estes días analizamos coa axuda dos Escornabots o cartel das Bibliotecas Escolares ilustrado por Óscar Villán descubrindo todo o que se pode facer nas bibliotecas:








DECORAMOS AS VENTÁS

Ao longo destas semanas fomos decorando as ventás da nosa aula cos debuxos que as nenas e nenos fixeron deles mesmos. 
Participar na decoración da aula fai que pouco a pouco a sintamos máis nosa e nos sintamos máis agusto cada día.

AITANA


NOA


PABLO


LUCAS


ALMA


OLIVER


CARMEN


CARMELA


ÁFRICA


ANTÓN BERGONDO


AREA


BREIXO


ANTÓN LÓPEZ


IRIA




MATEMÁTICAS

Estes días traballamos na aula diferentes aspectos matemáticos, tan importantes para o desenvolvemento intelectual dos menos e nenas, axudándolles a ter un pensamento lóxico, tan importante para as súas vidas.


SIMETRÍAS:








SUMAS E RESTAS:




CONTEO:




Podedes descargar estas fichas premendo AQUÍ






martes

2ª TAREFA INTEGRADA

A segunda tarefa que recibimos para realizar na aula foi a relacionada coa "Arte Gastronómica" e por elo viña acompañada do libro "COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO", un libro que pon en funcionamento os cinco sentidos.

Falamos dos nosos gustos en canto a sabores e alimentos e relamímonos con cada receita das que aparecen no libro.


De todas as receitas que no libro atopamos, decidimos facer os ósos de chocolate tan apropiadas nestas datas.


Así que unha vez que sabíamos todo o que debíamos traer, puxémonos Mans á masa e colocamos todos os utensilios e os ingredientes.


Agora tocaba ler para saber os pasos que debíamos seguir.


O primeiro era cubrir coa crema de cacao as obleas


Mentres tanto, outros encargábanse de preparar o chocolate


E outros colocaban os usos xa partidos nos platos e a fonte



Agora só quedaba cubrir os nosos ósos con chocolate e esperar a que enfriase.




Esperamos con moita impaciencia pero ao final poidemos comelos... e non sobraron non as migas.




Aquí vos deixamos a receita por se a queredes facer nas vossas casas.




mércores

SAMAÍN

Ao longo destes días foi aparecendo na nosa escola o espírito do SAMAÍN. 




Decoramos a aula e as cabazas e escoitamos cancións desta celebración.





Pero como en días anteriores recibíramos a mensaxe de Batman, decidimos facer morcegos tan característicos destas datas.





O día da celebración na nosa escola, o mércores 30, fixemos unha excursión á Torre de Celas e alí escoitamos un conto de tres "Esqueletos Divertidos", xogamos e comimos castañas xa que amén celebramos o Magosto.

Aínda que nos gusta moito esta celebración, pasamos un pouco de medo coas personaxes que foron aparecendo... 

Próximamente teredes o video colgado no blogue do CRA de Culleredo!!




Para ver o video premede AQUÍ



BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...